Concluida a xornada clasificatoria do Galego de Sala, xa coñecemos aos finalistas

No cadro masculino Barrocás e CSA Ourense e no feminino OurenSticks e Hércules  son os clubes clasificados para cada final desde Campionato Gallego de Hóckey Sala Absoluto Feminino e Masculino Xunta de Galicia.

Durante toda a xornada de hoxe sábado disputáronse os partidos da fase de grupos lanzando os resultados que podedes atopar nas imaxes que acompañan a esta publicación. 

Tras o cal as clasificacións dos grupos quedaron decididas e por tanto os enfrontamentos que terán lugar mañá domingo para coñecer a clasificación final do torneo. 

Así serán os partidos de mañá que decidirán a clasificación final do campionato:

No Cadro Masculino:

– O 7º Clasificado xa se coñece e é o Athletic Coruña.

– 5º e 6º ás 10:40h (Pavillón do Ventorrillo) Hércules B – OurenSticks

– 3º e 4º ás 10:10h (Pavillón Universitario Elviña) Albor – Hércules

– FINAL ás 12:30h (Pavillón Universitario Elviña) Barrocás – CSA Ourense

Ademáis, poderedes seguir a Final a través da canle de YouTube do Barrocás C.H.: https://www.youtube.com/@clubhockeybarrocas

No Cadro Feminino:

– 5º e 6º ás 09:30h (Pavillón do Ventorrillo) VigoStick – Albor

– 3º e 4º ás 09:00h (Pavillón Universitario Elviña) OurenSticks 2 – Athletic Coruña

– FINAL ás 11:20h (Pavillón Universitario Elviña) OurenSticks – Hércules

Moita sorte a todos e a todas. 

Galicia é Hóckey!!!

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en Noticias.