Comunicado da Fed. Galega de Hockei

Trala publicación o día 2 de Septembro do presente da entidade deportiva Athlétic Coruña H. C. en redes sociais sobre a nova Liga Nacional Norte Feminina, esta federación DESMINTE dita noticia ó ser totalmente incerta.

Na modaldade de herba, a categoría feminina que se disputa na autonomía galega denomínase «Segunda Feminina». Para poder acceder a competir en Liga Nacional Feminina, o equipo primeiro clasificado galego, disputaría unha «Fase de Ascenso Nacional», e no caso de clasificarse, entraría a formar parte da Liga Nacional Feminina da RFEH oficial.

Esperamos dende a xunta directiva que este aclaratorio sirva para solventar as dúbidas das xogadoras e persoas que nos solicitaron información ó respecto.

Un saúdo

Publicado en Noticias.