Logo da competición disputada na mañán do domingo 19 de febreiro, o club ourensano impúxose por 5-2 ao Escola Hockey A Coruña e por 6-2 ao Athletic Coruña HC. Con sendas victorias, logrou por tanto o primeiro lugar no cadro final e o título de campión galego.
No derby coruñés, o Escola derrotou por 3 a 0 ao At Coruña e fíxose co subcampionato galego. Parabéns a tod@s @s nen@s participantes e aos seus clubs, por unha boa xornada de hóckey no campo de Mariñamansa, Ourense.
Palmarés do campionato:
Campión: CH Barrocás
Subcampión: Escola Hockey A Coruña
Terceiro posto: Athletic Coruña HC