O programa de tecnificación do CeTeGa desenvolveu unha nova xornada de tecnificación, desta vez no Campo da Torre, A Coruña. Os xogadores e xogadoras participantes forman parte das seleccións galegas sub-14 masculina e feminina.
Unha concentración dentro do programa de preparación de cara ós Campeonatos de España de seleccións autonómicas Sub-14 da tempada 2020/2021, que terán lugar en Ourense no mes de febreiro de 2021.
Durante o transcurso da xornada, recibiron a visita de Mónica Martinez, concelleira de Deportes do Concello de A Coruña, que se interesou polos xóvenes xogadores/xogadoras galegos e a súa preparación de cara as próximas competicións.