A pasada noite do sábado celebrouse a tradicional cea do hóckey galego, organizada pola federación autonómica, que cumpría a súa terceira edición.
Unha cita que reuniu no comedor de Aixiña a representantes e xogadores da maioría dos clubes galegos.
A noite comezou cun repaso de Roberto Baratta, presidente da federación, ao máis destacado da tempada 2023/24. A continuación, a federación quixo facer unha mención especial a Carlota Álvarez e a Manuel Lamelas, pola súa consolidación nas respectivas seleccións nacionais.
O acto proseguiu facendo entrega dunhas distincións a modo de agradecemento á Deputación de Ourense, que non puido acudir á cea e recollería a súa distinción o domingo en Mariñamansa, nas mans de Jorge Pumar, e outra distinción ao Servizo Municipal de Deportes do Concello de Ourense, que estivo representado por Nacho González, segundo Tenente de Alcalde, Ana Fernández Nieto, concelleira, e Chuchi Hidalgo, asesor de deportes.
Chegou entón o momento dos premios a dúas xogadoras, Yurena Veloso e Adriana Dorribo, pola súa gran tempada e o seu papel nas seleccións galega e española.
Terminado este acto protocolario deuse paso á cea na que reinou o gran ambiente e a convivencia.
Galicia é hóckey.