Campus de Tecnificación Ourense 2025

Un campus pensado para deportistas que queren dar un paso máis

A Federación Galega de Hóckey, en colaboración con Hockey Management, organiza este verán unha nova edición do Campus de Tecnificación Ourense 2025, un espazo de adestramento intensivo, motivador e de alta calidade, dirixido a xogadores e xogadoras de hóckey herba que queiran perfeccionar a súa técnica individual e seguir progresando no seu rendemento deportivo.

Durante catro días, os/as participantes recibirán formación técnica especializada da man dun equipo de adestradores con ampla experiencia tanto a nivel nacional como internacional. Traballarase en grupos reducidos, adaptados por idade e nivel, para garantir un seguimento personalizado e unha aprendizaxe eficaz e segura.

Este campus non é só un espazo de mellora técnica, senón tamén unha experiencia enriquecedora, onde se fomentan valores como o compromiso, a disciplina, o compañeirismo e a paixón polo hóckey.

 Información do Campus

  •  Datas: 28, 29, 30 e 31 de xullo de 2025
  • Horario diario
    • Todos os días: Actividade de 09:30 a 13:00
  •  Lugar: Campo de Hóckey de Mariñamansa – Ourense
  • Dirixido a: Xogadores e xogadoras a partir da categoría alevín con experiencia previa en hóckey herba.
  • Metodoloxía:
    • Grupos reducidos e nivelados
    • Corrección individualizada
    • Adestramentos técnicos especializados
    • Uso de materiais profesionais (crazy catch, rampas, reboteros, etc.)
  • Prezo: 100 € por participante
  • 📞Contacto para dúbidas: Cristian – 623 03 61 36

 

Publicado en Noticias.