Logo da disputa da competición, do 24 ao 27 de marzo, as seleccións galegas obtiveron diferentes resultados.
SELECCIÓN FEMININA SUB16
Gran torneo das nosas «guerreiras», que nos partidos do seu grupo acadaron 2 victorias, 1 empate e 1 derrota, rematando en segunda posición e logrando o pase a semifinais. Soamente cedendo ante a potente Cataluña, gañadora final do torneo.
En semifinais esperaba outro dos favoritos, a selección madrileña, que derrotou por 2 a 0 ás galegas. No encontro pola medalla de bronce, non poido ser a pesar de facer un gran partido. Cantabria levouse o triunfo final por 2 a 1, logo dun partido moi igoalado. Mención especial á porteira galega Carlota Álvarez, de CH Albor (Ourense), que recibiu o trofeo á «Mellor porteira» do Campionato.
SELECCIÓN MASCULINA SUB16
A nosa selección caeu no Grupo A, con seleccións a priori moi potentes como son Cataluña, Madrid e Andalucía. Os pronósticos cumpríronse no campo e os rapaces galegos non poideron puntuar nos seus partidos.
No encontro polo 9º-10º posto, conseguiron a victoria ante Aragón por 4 a 0, e polo menos marcharon con boas sensacións logo dun campionato desfavorable nos partidos do grupo.