Campionato calego Cadete de hóckey herba

Na fin de semana, celébranse no campo de Mariñamansa (Ourense) os Campionatos galegos na categoría cadete de hóckey herba.

O torneo feminino dispútase o sábado 22 de abril, coa participación dos clubs At. Coruña HC e Villar Ourense. O campión galego clasificarase para a Fase de Sector de Cantabria. 

O campionato masculino terá lugar na xornada do domingo 23 de abril. Participan os equipos: Santo Cristo e CH Barrocás, de Ourense, e o Escola Hockey A Coruña. O campión galego disputará o Sector en terras asturianas.  

Campionato cadete feminino:
10:30 Villar Ourense – At. Coruña HC
15:00 At. Coruña HC
 

Campionato cadete masculino:
12:00 Escola Hockey A Coruña – CH Barrocás
15:00 Santo Cristo – CH Barrocás
17:30 Escola Hockey A Coruña – Santo Cristo
 

Publicado en Noticias.