As Xornadas de Hockey para todos, agora en Ourense e A Coruña

Tras o éxito da 1ª Xornada de Hóckey para todos, celebrada no pasado mes de setembro, a FGH organiza durante outubro e decembro, en diversas datas, unha 2ª edición.

Estas xornadas, como as anteriores, organízanse grazas a Deporte Galego e Xunta de Galicia, enmarcadas dentro do Plan Corresponsables do Ministerio de Igualdade.

Para esta ocasión, as actividades realizaranse en pistas cubertas, e os mozos practicarán a modalidade de hóckey sala. Neste caso ademais, engádese Coruña como sede, polo que máis nenos e nenas, non só de Ourense, poderán coñecer de preto o noso deporte, e outros perfecccionarlo.

 

Publicado en Noticias.