O Ourensticks puxo punto e final á súa participación no Campionato de España feminino de Hóckey Sala que se disputou en Terrasa e fíxoo cunha vitoria que o coloca no sétimo posto.
As ourensás derrotaron nos “shootouts” ao Universidade de Sevilla tras un partido que terminou con empate a dous goles. Uxía Muñoz e María Ruiz marcaron os tantos para o equipo adestrado por José Ramón Veloso.
Nos lanzamentos finais as ourensás non fallaron. Yurena Alonso, María Ruiz e Lucías Lamelas obraron o triunfo.
Tras unha complicada fase de grupos, nas que as ourensás acabaron no último lugar tras senllas derrotas contra Taburiente, Club de Campo e Candelaria Carranque, facerse coa 7ª praza é todo un orgullo.
Sectores Xuvenís sen premio
Ao mesmo tempo disputáronse os Sectores de Clasificación para o Campionato de España de Sala Xuvenil, feminino, en Ourense, e masculino, en Asturias.
En ambos os casos, tanto as mozas como os mozos do OurenSticks acabaron en 4ª posición, polo que remataron así a súa participación nesta competición.
No sector disputado en Ourense, o equipo xuvenil feminino comezaba o sábado encaixando unha derrota ampla por 9-1 fronte ao Club de Campo e outra moito máis axustada por 2-3 fremte ao Hocquet. Xa o domingo empezaron gañando por 0-2 ao Aridaman canario e perdendo por 0-7 contra o Tenis cántabro.
Os mozos pola súa banda en terras asturianas, terminaron o sector tamén en 4º lugar. A súa participación empezaba o sábado con dúas derrotas rotundas 1-17 fronte ao Tenis e 8-1 contra Spv Complutense. O domingo pola mañá impuxéronse ao San Vicente por 5-3 e pola tarde caían derrotados #ante o Lloberu por 8-0.
Sen dúbida dous sectores nos que os xuvenís do OurenSticks gañaron experiencia competetiva.


