Amoeiro acollerá o Campionato Galego de Hóckey Sala Cadete

Este domingo 3 de decembro celebrarase no Polideportivo Municipal de Amoeiro, recentemente reformado para mellorar a práctica deportiva do hóckey, o Campionato Galego Cadete de Hóckey Sala Masculino e Feminino coa participación de 5 clubes de toda Galicia, con representación de Vigo, A Coruña e Ourense.
Este campionato outorga a clasificación para a Fase Nacional da modalidade.
Os partidos darán comezo ás 10 da mañá coa disputa da primeira das semifinais masculinas e rematará coa final e a entrega de trofeos ás 18:00h.
Amoeiro é Hóckey.
 
 
 
 

 

 

Publicado en Noticias.