ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O COBRO E XUSTIFICAR A SUBVENCIÓN A ENTIDADES DEPORTIVAS

Onte, martes 28 de agosto, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución coas listaxes definitivas de subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 3 de abril de 2018.

As entidades que resultaran beneficiarias dispoñen de prazo para solicitar o cobro e xustificar a subvención, dende hoxe mércores 29 de agosto, ata o venres 28 de setembro de 2018.

Ver información e instrucións: http://deporte.xunta.gal/index.php?idMenu=67&int1=3660&idIdioma=2

Publicado en Noticias.