O club ourensán conquistou o título galego nas dúas categorías en competición, en alevín feminino e en alevín mixto. Os torneos tiveron lugar no Polideportivo da Mina, en Castrelos, Vigo. Organizados pola FGH e o club local, o Atlántico Vigo HC.
Categoría feminina:
CH Albor e Escola Hockey A Coruña foron os clubs participantes no campionato, e o equipo ourensán gañou os dous partidos disputados, cos tanteos de 1-3 e 4-2.
Clasificación final:
Campión: CH Albor
Subcampión: Escola Hockey A Coruña
Categoría masculina:
Cinco clubs en liza, divididos en 2 grupos, que disputaron primerio os partidos de clasificación e logo os enfrentamentos de clasificación. Na Final, enfrentáronse dous equipos de Ourense, e CH Albor proclamouse campión galego gañando por 7 a 0 ao Santiago Apóstol. No encontro polo 3er-4º posto, o gañador foi o At. Coruña HC sobre o Atlántico de Vigo HC, por 9 goles a 0.
Clasificación final:
Campión: CH Albor
Subcampión: Santiago Apóstol
3er posto: At. Coruña HC
4º posto: Atlántico Vigo HC
5º posto: CH Barrocás