Seleccións galegas Sub14 de hóckey herba

Do 16 ao 19 de marzo terán lugar en Alcalá la Real (Jaén) os Campionatos de España de seleccións autonómicas Sub14 de hóckey herba, nas categorías feminina e masculina. Logo da derradeira concentración antes do torneo, as seleccións galegas xa están preparadas para acudir á cita e facer un bo papel deportivamente.

Selección feminina Sub14

CONVOCATORIA SUB14 FEMENINA

O combinado galego está encadrado no Grupo B xunto ás seleccións de Asturias e Canarias. O obxectivo é conseguir clasificarse para as semifinais e loitar polas medallas. Confiamos moito nas nosas «guerreiras» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-14-f/

 

Selección masculina Sub14

CONVOCATORIA SUB14 MASCULINA

O combinado galego está encadrado no Grupo B xunto ás seleccións de Asturias e Murcia. O obxectivo é conseguir clasificarse para as semifinais e loitar polas medallas. Confiamos moito nos nosos «guerreiros» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-14-m/

 

Árbitros galegos no campionato

O estamento árbitral da nosa comunidade estará representado nos campionatos de España polos árbitros Ernesto Fontanes e Luis Alberto Ramos. Esperamos que teñan un bo campionato e sigan progresando na súa cualificación como árbitros nacionais. 

Publicado en Noticias.