A Federación Galega de Hóckey estará presente no IV Salón do Deporte e o Turismo Activo, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro no recinto ferial de Expourense, e onde contaremos cun espazo para a difusión e promoción do noso deporte.
Tamén tomaremos parte no Programa de actividades na edición deste ano, o venres 19 novembro:
16:00 Exhibición e participación de hóckey, no stand da FGH.
16:30 Ponencia sobre organización de eventos no deporte amateur (Roberto Baratta, da área de Promoción da FGH).
Cabe reseñar tamén a participación un ano máis, do Club Hockey Albor, continuando coa súa gran labor na promoción do seu club e do noso deporte.