Tras a disputa dos partidos de clasificación, na xornada dominical, o equipo ourensán de Club Hóckey Barrocás proclamouse Campión galego de Hóckey Salaa, categoría sénior masculino. Con este triunfo por 8 a 4 sobre CH Albor, clasifícase directamente para a Fase Final do Campionato de España, que se celebrará en Ourense do 5 ao 7 de febreiro de 2021.
O subcampión foi o equipo ourensán de Club Hóckey Albor, que disputará a próxima fin de semana unha Fase de Sector en Cantabria, buscando a clasificación para o Campionato Nacional.
Finalizado o Campionato, facemos un balance positivo logo dunha fin de semana chea de deporte, e onde o hóckey galego demostrou que é posible facer unha competición con todas as garantías sanitarias, aplicando todos os protocolos antiCovid determinados pola Secretaría Xeral para ou Deporte.
Agradecer ao Concello da Coruña a enorme colaboración e tamén a todos os Clubs, xogadores, directivos, árbitros, Staff da FHG e tamén ao público asistente, o seu comportamento e cumprimento dos protocolos.
CLASIFICACIÓN FINAL:
1. CH Barrocás
2. CH Albor
3. CH Barrocás ( B)
4. Santiago Apóstolo
5. At. Coruña HC
6. Escola HC
7. Ximnástico Cudeiro
8. Atlántico Vigo HC