Campionato Galego Infantil de hóckey sala

🏑 Presentado o luns 25 de abril o Campionato galego infantil mixto e feminino de hóckey sala, que celebrarase no recinto de Expourense o vindeiro sábado 30 de abril. Actualmente, a pista central de Expourense (Ourense) acolle unha pista sintética, do máis alto nivel, para desenvolver unha semana chea de actividades de hóckey sala: o programa Xogade e o Campionato galego infantil.
 
 
Na presentación do torneo, participaron o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; e o director deportivo de Expourense, Mario González.
 
 
O sábado 30 de abril  achegaranse a Ourense máis de dous centos de persoas, entre xogadores, técnicos, persoal federativo e público, o que agardamos sexa un éxito organizativo e de seguimento. Seis  equipos masculinos/mixtos e dous femininos formarán parte da competición. Calendarios e horarios poden consultarse na nosa web.
 
Este Campionato galego conta coa importante colaboración da Fundación Expourense e co patrocinio de Grupo Vila Castro, que unha vez máis mostra o seu apoio ao deporte do hóckey galego.   
Publicado en Noticias.