Santo Cristo, campión galego infantil mixto de hóckey sala

O equipo ourensán do Santo Cristo, proclamouse Campión galego Infantil mixto de hóckey sala, nun campionato galego disputado o sábado 22 de abril no polideportivo de Oira, en Ourense. Na Final, venceron a CH Albor por 6 a 2.
Subcampións: CH Albor
3er posto: At. Coruña HC
4º posto: Escola Hockey A Coruña
 
O Campión galego accede directamente á Fase Final do Campionato de España, que se disputará en Ourense do 18 ao 21 de maio. O segundo e tercer clasificado, disputarán a Fase de Sector, que igualmente terá lugar na cidade de Ourense.
Publicado en Noticias.