Santo Cristo, campión galego cadete masculino de hóckey herba

O club ourensán do Santo Cristo, proclamouse Campión galego cadete masculino de hóckey herba, tras o campionato disputado o domingo 23 de abril no campo de Mariñamansa, Ourense. 
 
 
Os subcampións do torneo foron os coruñeses do Escola Hockey A Coruña, e no 3er posto o equipo ourensán de Club Hockey Barrocás.
Resultados dos partidos:
Escola A Coruña 3 – CH Barrocás 1
Santo Cristo 5 – CH Barrocás 0
Escola A Coruña 0 – Santo Cristo 1
 
O Escola Hockey A Coruña disputará na próxima fin de semana a Fase de Sector en Asturias, buscando a clasificación para a Fase Final do Campionato de España.
Publicado en Noticias.