Villar Ourense, campión galego cadete feminino, de hóckey herba

O club Villar Ourense proclamouse hoxe Campión galego cadete feminino de hóckey herba. Trala disputa de dous partidos hoxe no campo de Mariñamansa, contra o At. Coruña HC, lograron ambas victorias por 6-0 e 0-3, conseguindo así o título autonómico. As coruñesas rematan polo tanto como subcampioas galegas.
 
O campión galego clasifícase para a Fase de Sector de Cantabria, onde as xogadoras ourensáns buscarán a clasificación para a Fase Final do Campionato de España.
 
Publicado en Noticias.