Meritoria participación do OurenSticks H.C. no sector de clasificación para a Copa de España Xuvenil

Esta fin de semana disputouse o sector de clasificación para a XX edición da Copa de España de Hóckey Herba, coa participación do OurenSticks Hóckey Club, tanto na modalidade feminina, como masculina.
O equipo feminino disputou o sector en Xixón, medíndose e competindo de igual a igual con clubs como o Athletic Terrassa, o Jolaseta ou o anfitrión Gurpo Covadonga. As mozas empezaron perdendo con Jolaseta, gañaron ao Ath. Terrassa e no último e decisivo partido, disputaron un igualadísimo partido contra as anfitrioas, que acabaron vencendo pola mínima.
Os mozos, que xogaban en casa, xa que o sector disputouse no campo ourensán de Mariñamansa, correron peor sorte, ao perder todos os partidos, a pesar de competir a un gran nivel contra clubs da entididad de DxT Madrid e Grupo Convadonga.
Publicado en Noticias.