A pasada semana celebrouse un novo Foro de Presidentes

A Federación Galega de Hóckey estivo representada polo seu presidente, Roberto Baratta, nunha nova edición do Foro de Presidentes. Cita que reúne aos presidentes e presidentas das diversas federacións territoriais do hóckey nacional. 
Durante estas citas planfícanse competicións, plans de formación e estratéxicos, debátense temas de interese para todos e todas e aproveitase para facer do hockey un deporte máis importante en todos os territorios. 
Nesta ocasión a cita viuse empañada pola noticia do pasamento do presidente da federación cántabra Ignacio Floranes. 

Publicado en Noticias.