O Albor feminino acada o terceiro posto no seu sector de clasificación para a Copa de España Xuvenil

Boa actuación do xuvenil feminino do Albor na fase de sector da Copa de España celebrada en Madrid a pasada fin de semana.
As mozas competiron a un grande nivel, fronte a clubes hostóricos. No primero partido empataron ante o F.C.Barcelona, pero no segundo e terceiro enfrontamente obtiveram dúas derrotas, pola mínima ante Candelaria Carranque, e máis clara ante o Clube de Campo madrileño, por 5-0.
A experiencia foi positiva para toda a expedición e ven a remarcar o bo papel que o clube ourensán está a desenvolver en categorías de base.
 
Publicado en Noticias.