Tres ourensáns no Europeo de Seleccións de Hóckey Sala

A RFEH acaba de facer pública a lista de convocados coa Selección de España que acudirá a Leuven (Bélxica) para disputar o Campionato de Europa de Hóckey Salga 2024. Nela teremos a presenza de dous galegos, como segundo adestrador estará Roberto Olvieira (C.H. Barrocás) e como xogador o tamén ourensán Manu Prol (TSV Manheim). 

A representación galega neste campionato europeo esténdese tamén ao ámbito arbitral co oruensano Dani Fernández.

Unha presenza galega que puido verse incrementada se Xurzo Cid do Barrocás fose convocado, como no pre-europeo, pero non ha podio ser nesta ocasión.

A Selección Española, enmarcada no grupo A de o torneo, enfrontarase a Austria, Croacia, Alemaña e Suíza na máxima categoría do Sala europeo.

 

Publicado en Noticias.