COMUNICACIÓN ULTIMA HORA CAMPIONATOS GALEGOS

 

Infórmase a todas as Entidades Deportivas , que tras os emails recibidos nesta FGH pola Entidade Athletic Coruña en referencia os campionatos galegos e número de equipos a participar , e respecto a normativa da circular nº 1 aprobada en asamblea para a tempada 2017-2018, e á que se remite o Presidente de dito clube  exisindo o seu cumprimento en base a número de equipos dos Campionatos Galegos.

Comunícase que esta FEDERACIÓN GALEGA DE HOCKEI, rexirase pola normativa aprobada, polo que pedimos disculpas os equipos que non poderán participar, ainda que fose beneficioso para tódolos xogadores e xogadoras.

En consecuencia, e con toda a premura, se actualizarán os calendarios de dita Competición, a pesar de ter constancia telefónica os equipos implicados desde esta Federación.

 

Publicado en Noticias.