CH Albor, Campioas galegas de hóckey sala

A competición tivo lugar o domingo 9 de xaneiro no polideportivo do Ventorrillo, en A Coruña, coa participación de 4 clubs galegos na categoría sénior feminina.
Na Final, nun derby ourensano, CH Albor gañou o partido por 3-1 ao equipo de CH Burgas. No encontro polo 3er-4º posto, nun derby coruñés, as xogadoras do Athletic Coruña HC derrotaron por 4-3 ás rapazas do Escola HC.
Parabéns a todas as participantes, especialmente ás campioas, e agradecer ao club Escola HC a colaboración na organización do campionato.
 
 
Publicado en Noticias.