Albor e Barrocás, Campións Galegos de Hóckey Sala Feminino e Masculino

Concluído o Campionato Galego de Hóckey Sala nesta xornada de domingo que se caracterizou por unha gran presenza de público nas bancadas e pola deportividade entre os equipos participantes. 

Máis adiante podes ler as crónicas completas das 2 finais.

En categoría masculina, repite título o C.H. Barrocás, tras impoñerse por 10-2 ao C.H. Albor. En feminina, o C.H. Albor alzouse co trofeo tras gañar por 4-1 no seu final contra o OurenSticks. Así, Barrocás e Albor masculinos, e Albor feminino, disputarán as Semifinais do Campionato de España a fin de semana que vén aquí en Ourense. 

Os máximos goleadores do torneo foron Xurxo Cid do Barrocás e Anabel Sánchez do At. Coruña. Mentres que o premio individual ao mellor porteiro foi para Daniel Blanco do Barrocás e a mellor porteira para Carlota Álvarez do Albor.

Na cerimonia de entrega de trofeos e medallas contamos coa representación institucional de Anibal Pereira, Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, César Fernández, Diputado de Deportes da Deputación de Ourense Manual Pérez, Xefe do Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense, e amén con Roberto Baratta, Presidente da Federación Galega de Hóckey.

Os terceiros clasificados en categoría masculina, que visitarán San Cugat (Barcelona) para xogar as súas Semifinais Nacionais, foron os mozos do Escola Coruña H.C. E, en categoría, feminina, as terceiras clasificadas, Athletic Coruña, viaxarán a San Fernando (Cádiz) para competir nas Semifinais. 

Crónica das Finais: 

Masculina:

Primeiro cuarto no que e Albor aguantou os envites de Barrocás ata os últimos dous minutos nos que os laranxas se adiantaron 2-0. No segundo  cuarto Barrocás aumentou a súa distancia. No terceiro o Albor deu dúas poutadas á portería barroca que foron respondidos con outro gol de strock. Así se chegaba ao último cuarto cun claro 8-2. 

O marcador desta final selouse 10-2 o que converte un ano máis ao H.C. Barrocás en Campión Galego de Hóckey Sala Senior Masculino.

Feminina:

As do Albor inauguraron o marcador no primeiro cuarto. No segundo cuarto achegouse OurenSticks empatando o partido. Empate que se desfixo antes do descanso cun novo gol das mozas do Albor 2-1. 

Ao comezo do Terceiro cuarto Albor volveu tomar vantaxe. Vantaxe que ampliaron ata en 2 ocasións máis a pesar de que OurenSticks apostou por xogar o último cuarto sen porteira. A final feminina acabou cun claro 4-1 que fixo ás mozas do C.H. Albor Campioas Galegas de Hóckey Sala Senior.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en Noticias.