A Federación Galega de Hóckey e Nacsport asinan un acordo de colaboración de ámbito anual para traballar conxuntamente no desenvolvemento de capacidades dixitais para a recolección, análise e tratamento de vídeo.
Tanto no ámbito da tecnificación e alto rendemento a través do CeTeGa (Centro Galego de Tecnificación) como no hóckey de base e de escola, a través dos clubs.
Nacsport convértese asi en colaborador e provedor de solucións de vídeoanálise do CeTeGa, achegando a súa tecnoloxía aos programas de seguimento e tecnificación e apoiando ao equipo técnico da seleccións galegas.
Desta maneira amplíanse o programa de formación de adestradores, incluíndo cursos de vídeoanálise así como apoio técnico mediante vídeo, para os programas de mellora e tecnificación do colectivo arbitral galego.