Proclamouse campión galego o equipo do Escola Hóckey Galicia Sport, formado por xogadoras da Coruña e de Ourense, ao vencer por 6 goles a 1 ao equipo ourensán do Villar Ourense. Nun partido disputado pero cunha gran efectividade por parte das vencedoras, que basearon a súa vitoria nunha gran defensa e saída ao ataque con moito acerto.
Clasificación final do campionato:
1º Escola Hóckey Galicia Sport
2º Villar Ourense
3º Athletic Coruña HC
4º Atlántico Vigo
Premios individuais:
Mellor porteira: Morena Iturralde, do Atlántico HC Vigo.
Máxima goleadora: Adriana Dorribo, do Escola Galicia Sport.