Reorganización Staff técnico do CeTeGa

Tras a concesión por parte da Xunta de Galicia do recoñecemento de NADE (Núcleo de Adestramento Especializado) outorgado ao CeTeGA (Centro de Tecnificación de Galicia) da FGH, comunícase a reorganización do staff técnico para vindeiro ano 2022 segundo a planificación das actividades de tecnificación comunicada á Secretaria Xeral para o Deporte.

Poden consultar o Staff técnico no seguinte enlace:

Staff CeTeGa 2022

 

COMUNICADO da Federación Galega de Hóckey

Diante das informacións periodísticas que relacionan un adestrador de hockey ourensán cun presunto delito de abusos sexuais, a FGH quere facer publico o presente comunicado:

A FGH rexeita enérxicamente, como toda a sociedade, os feitos que se publican nos medios de comunicacións nas ultimas datas que relacionan un adestrador de hockey ourensán cun presunto delito de abusos sexuais sobre unha menor, coa mesma forza que a sociedade á que pertence.

Sen prexuízo da presunción de inocencia que inspira o noso ordenamento xurídico penal e o respecto das maiores garantías de defensa que poidan amparar a persoa ou persoas responsables destes feitos, a FGH proclama o seu amparo e solidariedade coas posibles vítimas e as súas familias e pon á súa disposición os medios de que dispón para auxilialos na medida das súas posibilidades.

En ningún momento a FGH tivo coñecemento nin sospeita de que se estiveran producindo os feitos aos que se refiren as informacións periodísticas aludidas pois, de ter a mínima sospeita se actuaría con contundencia na súa investigación e represión.

A FGH queda á espera de coñecer o resultado das investigacións que se están levando a cabo polas correspondentes autoridades policiais e xudiciais e se reserva as accións disciplinarias que lle corresponda sobre as persoas responsables, no caso de confirmarse.

 

COMUNICADO FEDERACIÓN GALLEGA DE HOCKEY

FGH quiere hacer público este comunicado ante las informaciones periodísticas que relacionan a un entrenador de hockey orensano con un presunto delito de abuso sexual:
La FGH rechaza rotundamente, como la sociedad en su conjunto, los hechos que se publican en los medios de comunicación en las últimas fechas que relacionar a un entrenador orensano con un delito de abuso sexual de una menor, con la misma fuerza que la sociedad a la que pertenece.

Sin perjuicio de la presunción de inocencia que inspira nuestro derecho penal y el respeto a las mayores garantías de defensa que puedan proteger a la persona o personas responsables de estos hechos, FGH proclama su protección y solidaridad con las posibles víctimas y sus familiares y pone a disposición los medios a su alcance para ayudarles en la medida de sus posibilidades.

En ningún momento la FGH tuvo conocimiento o sospecha de que los hechos referidos en las informaciones periodísticas se hubieran producido porque, de haber tenido la más mínima sospecha, habría actuado con contundencia en su investigación y represión.

La FGH está a la espera de conocer el resultado de las investigaciones que están llevando a cabo las autoridades policiales y judiciales correspondientes y se reserva la acción disciplinaria que corresponda sobre los posibles responsables, en caso de que se confirmen.

 

Alberto Estévez

Presidente da Comisión xestora da FGH

Entrega de trofeos Copa Diputación Ourense 2021

Tivo lugar en Mariñamansa a entrega de trofeos e medallas aos equipos participantes na Copa Diputación de Ourense 2021 de hóckey herba.
 
Estiveron presentes Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Bernardino González, da área de Deportes da Deputación Principal e Alberto Estévez, Presidente da FGH.
 
 

Mariñamansa xa é NADE: Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado

O Centreo de tecnificación de Mariñamansa xa ten a categoría de NADE: Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado. Así ven de ser recoñecido pola Xunta de Galicia, trala publicación do DOG. Este é un importante paso para o actual CeTeGa, que vai avanzando na súa cualificación. O NADE é o paso inmediatamente anterior ao CAR: Centro de Alto Rendemento.
 
O NADE trátase dun conxunto de medios humanos e materiais xestionados por unha federación deportiva, un club deportivo ou unha sociedade anónima deportiva rexistrada no “ Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia” que teña por finalidade a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo.
 
Esta validación por parte da Xunta de Galicia significa o recoñecemento ao traballo que leva realizando a FGH durante moito tempo no actual centro de tecnificación. O obxectivo é seguir formando aos nenos/as, técnicos e continuar a promoción do noso deporte.
¡¡ é !!
 

Villar Ourense e Escola HC, Campións galegos cadetes de hóckey sala

O domingo 5 de decembro celebráronse no Polideportivo Novo Mesoiro, na Coruña, os campionatos cadetes de hóckey sala, nas categorías Mixto e Feminino.

O palmarés final foi o seguinte:
CADETE MIXTO:
1º Escola HC
2º Cidade de Ourense
3º CH Barrocás
*O primeiro clasificado acudirá ao Sector nº3 en Santander.

CADETE FEMININO:
1º Villar Ourense
2º Escola HC
3º Athletic Coruña HC
*Os 2 primeiros clasificados disputarán o Sector en Galicia.

Na entrega de trofeos estiveron presentes Mónica Martinez, Concelleira de Deportes do Concello da Coruña; Yolanda Casanova, delegada da FGH na Coruña e Javier Valencia, Director Técnico da FGH.

Campionato Galego Cadete Hóckey Sala

O domingo 5 de decembro celebrarase o Campionato galego cadete, nas categorías Mixto e Feminino, no Polideportivo Novo Mesoiro (a Coruña). A competición terá lugar en xornadas de mañán e tarde, con 4 equipos participantes por categoría.

A organización do campionato corresponde ao club Athletic Coruña HC, e coa colaboración do Concello da Coruña.
– Tedes os calendarios dos partidos na nosa web.
– Podedes seguir os partidos no Match Center da FGH.

Remate da Copa Diputación da Coruña 2021

Terceira e última xornada da Copa Deputación da Coruña, no campo da Torre en A Coruña, o domingo 21 de novembro de 2021. Un día cheo de hóckey para tod@s @s nen@s dos clubs participantes. Entregáronse tamén os trofeos da competición.

Grazas á Diputación da Coruña polo seu apoio e a Cristina Capelán (Diputada de Deportes). Tamén agradecer ao Concello de A Coruña e á súa concelleira de Deportes Mónica Martinez, pola súa implicación e apoio.

Parabéns a todos os clubs por facer posible esta Copa Diputación e seguir na tarefa de promoción do hóckey na provincia da Coruña e en Galicia. ¡¡GALICIA é HÓCKEY!!

A FGH participa en Sportur Galicia 2021

A Federación Galega de Hóckey estará presente no IV Salón do Deporte e o Turismo Activo, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro no recinto ferial de Expourense, e onde contaremos cun espazo para a difusión e promoción do noso deporte.

Tamén tomaremos parte no Programa de actividades na edición deste ano, o venres 19 novembro:
16:00 Exhibición e participación de hóckey, no stand da FGH.
16:30 Ponencia sobre organización de eventos no deporte amateur (Roberto Baratta, da área de Promoción da FGH).

Cabe reseñar tamén a participación un ano máis, do Club Hockey Albor, continuando coa súa gran labor na promoción do seu club e do noso deporte. 

PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO Novembro 2021

Vense de aprobar o PROTOCOLO BÁSICO ACTUACION FISICOVID-DXTGALEGO PARA A VOLTA Á ACTIVIDADE DEPORTIVA, con data Novembro 2021, cos cambios a nivel adestramentos e competición adaptados á nova situación sanitaria actual.

Podedes consultar e descargar os documentos:

Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO – FGH nov 2021

ANEXO I – Adestramentos FISICOVID-DXTGALEGO FGH nov 2021

ANEXO II Competicion FISICOVID-DXTGALEGO – FGH nov 2021

Copa Deputación da Coruña 2021

O sábado 6 de novembro chega a primeira xornada desta competición, na localidade de Padrón, e nas categorías Benxamín, Alevin e Infantil.
En seguintes datas, os partidos da Copa trasladaranse ata Oleiros e a Coruña.
 
Podedes consultar o CALENDARIO da competición.
 
Os clubs participantes nesta edición son Escola HC, Athletic Coruña HC y Santo Domingo Hockey Padrón. 
¡¡GALICIA é HÓCKEY!!