Faite voluntario/a da Federación Galega de Hóckey


A Federación galega de hóckey ten por diante nesta tempada varios eventos importantes, nacionais e internacionais. Para eles imos necesitar moitas mans que axuden a que todo saia o mellor posible, polo que lanzamos un Programa de Voluntariado

¿Queres ser voluntario/a no Eurohockey Indoor en Ourense? ¿E noutros eventos importantes da FGH?

Visita a Ourense da Selección española masculina de hóckey herba

Do 28 ao 31 de outubro de 2021, Ourense será o centro do hóckey nacional co Stage da Selección Española masculina de hóckey herba. Coas renovadas instalacións de Mariñamansa xa rematadas, o combinado nacional absoluto e o Sub-21 visitarán a cidade ourensán durante 4 días, onde realizarán adestramentos e 3 partidos de preparación.

Esta concentración ten moita relevancia xa que será a estrea de Max Caldas como seleccionador nacional e con él o seu renovado staff técnico. Unha etapa  que comeza de cara a un novo ciclo olímpico, coa vista posta en París 2024.

Aproveitando a visita, levaranse a cabo moitas actividades paralelas: visitas e actos institucionais, Seminario técnico con adestradores, Clinic con xogadores, photocall, etc. Técnicos, voluntarios e servizo médico da A FGH formarán parte do organigrama organizativo e as arbitraxes faranse con colexiados galegos. Os partidos a celebrar en Mariñamansaserán emitidos en streaming, pola canle de Youtube da FGH. 

Agradecer ás institucións públicas o seu apoio para poder levar a cabo este Stage tan importante, e que servirá para promocionar aínda máis o noso deporte a nivel autonómico. Tamén cabe a posibilidade de que algún xogador galego esté presente nesta concentración, o cal sería un feito moi relevante. Estaremos moi atentos á convocatoria. 

Documentación tempada 2021-2022

De cara á próxima tempada 2021- 2022, pomos a disposición a seguinte documentación da RFEH e da FGH, relativa ás competicións e inscripcións nas mesmas:

Anexamos a documentación (pinchar no enlace):

Staff e Regulamento Interno CeTeGa 21/22

Publicados xa os documentos do Staff CeTeGa e do Regulamento Interno CeTeGa para a tempada 21/22, que guiarán o traballo a sesenvolver na próxima tempada en Galicia.

Aproveitamos a ocasión para dar as GRAZAS de novo, e nunca suficiente, a todos os técnicos implicados a súa disposición e voluntariado para esta extraordinaria e valiosísima labor. A esta magnifica lista de técnicos, encabezada por José Brasa como asesor nesta tempada 21/22, uniránselle outros técnicos de apoio novos, que ocupan ou ocuparán tarefas de adestrador/a nos seus clubs nun futuro próximo.

O espírito e misión do CeTeGa é ben coñecido xa por todos, pero é conveniente aclarar algún punto relevante: a asistencia ás sesións do CeTeGa ten carácter voluntario e ten un custo mínimo, reflectido na circular da FGH oportuna, pero que debe existir para poder sufragar nunha mínima parte as actividades realizadas.

Nesta nova tempada contaremos cunha nova sede e instalacións: oficina e aula de formación, medios audiovisuais, vídeo analisis con cámara fixa e materiais de primeira calidade para adestramentos. Unha das grandes aportacións técnicas será a ferramenta de videoanálisis grazas a un acordo con NACSport, acompañada de xornadas de formacións aos técnicos que o soliciten, e que poderán incorporar estas habilidades de inmediato aos seus adestramentos e partidos.

Na actual remodelación do campo de Mariñamansa inclúese a localización dunha cámara táctica fixa na torre de grabación, dispoñible para todos, non só para o CeTeGa. Por iso animámosvos aos clubs para aproveitar o acordo con NACSport para realizar cursos de adestradores e adquirir licenzas do software con condicións especiais. Solicitade mais informacion en cetega@fghockey.gal

Todo esto encádrase na liña de traballo para conquerir o recoñecemento da Xunta de Galicia como Núcleo de Adestramento Especializado, (xa solicitado pola FGH), e que é un paso previo para poder converterse nun CAR (Centro de Alto rendemento) a todos os efectos.

PLANIFICACIÓN XERAL máis inmediata do CeTeGa:

18 e 19 Setembro: visita Asturias Sub18 Masculino e Feminino Sub18 feminina. En agosto enviaranse as convocatorias para os adestramentos CeTeGa Sub18 Masculino e Feminino, nas cidades de Ourense e A Coruña. No mes de setembro realizaranse as convocatorias finais.

CALENDARIO da RFEH:

Autonómico SUB18: 28 Outubro ao 1 Novembro 2021 (Valencia)

Autonómico SUB14: 4 ao 6 Marzo Aragón (Zaragoza)

Autonómico SUB16: 24 ao 27 Marzo Andalucía ( Benalmadena- Malaga)

Por suposto, unha vez iniciada a tempada, planificaranse as correspondentes sesións do CeTeGa de todas as categorías, tanto localmente (Ourense, Vigo e Coruña) como as posteriores concentracións autonómicas en Ourense en función dos calendarios.

José Brasa, importante incorporación para o CeTeGa da FGH

O coñecido e exitoso adestrador de hóckey, José Manuel Brasa Sanjurjo (Vigo, 1951) incorpórase na estructura do CeTeGa (Centro de Tecnificación de Galicia) coma Asesor de Programas e Planificación. Unha «fichaxe» de prestixio e moi importante para lograr melloras significativas na promoción e difusión do hóckey en Galicia.
 
O galego José Brasa xa  ten sido de todo no deporte do hóckey. Entrenador de máximo nivel nacional e internacional durante 51 anos ininterrumpidos, seleccionador nacional das 4 seleccións absolutas españolas, masculinas e femeninas, tanto en hóckey herba como en hóckey sala, gañando 12 veces o Ouro nos Campionatos de España de Hockey Sala con 4 clubs diferentes.
 
Logrou o Ouro olímpico en Barcelona 1992, coa selección feminina de hóckey herba, un hito histórico para o noso deporte. Tamén foi adestrador do equipo nacional de India e de Ucrania, contando con varias participacións en Xogos Olímpicos e en competicións de máximo nivel internacional. Actualmente, é adestrador en Bélxica no Old Club Liège Hóckey, actividade que compaxinará co seu traballo no CeTeGa da FGH.
 
Integrarase no staff técnico coa función de revisión dos contidos, plans e programación da tecnificación, nas categorías sub14, sub16 e sub18. Coordinando a planificación cos técnicos de cada categoría e cos especialistas de apoio. A súa aportación permitirá unha mellora de calidade sustantiva na formación dos técnicos, a través da Escola Galega de Adestradores.
 
Con esta incorporación o CeTeGa da un importante salto de calidade no seu camiño de convertirse nun Centro de Adestramento Especializado e de Alto Rendimento. !!Benvido á FGH!!
GALICIA É HÓCKEY

Lucía Lamela e Daniel Baratta, convocados para a Sub16 nacional


Os xogadores galegos Lucía Lamela e Daniel Baratta, foron seleccionados para as concentracións nacionais Sub16 do PNTD da Federación Española de Hóckey. Estes «stages» terán lugar na localidade valenciana de Cheste, onde durante varios días asistirán a xornadas de tecnificación e formación.

Importante estas convocatorias, para poñer en valor o traballo feito desde o CeTeGa da Federación galega de hóckey, e que xogadores galegos poidan participar nestas concentracións. Dámoslle os parabéns e esperamos que esta experiencia poida convertirse nunha futura convocatoria coa selección nacional.

Videoanálisis con Nacsport e a FGH

Ao abeiro do acordo entre a Federacion Galega de Hockey e NacSports, abrése unha oferta especial e por tempo limitado a todos os adestradores/as con licencia en vigor na FGH, ou no seu defecto matriculados nos curso de Nivel I ou II deste ano 2021.

Esta oferta consiste no acceso ó curso ‘Videoanálisis con Nacsport para Hockey‘ por cun custe promocional de 50 €, o que supón mais dun 30% de desconto sobre o a tarifa estándar.

Acceso información cursos: www.nacsport.com/courses.php?p=230&lc=es-es

 

Para poder beneficiarse desta oferta será necesario:

  • Facer unha solicitude por correo electrónico a oficina@fghockey.gal antes do 15 Xullo de 2021 incluíndo:
    • Nome, apelidos, DNI e correo electrónico.
    • Resgardo do ingreso de 50 € na conta da FGH
      • Num Conta IBAN: ES58 2080 5134 1630 4003 5144
      • Ordenante: Nome  completo
      • Concepto: Curso NACPORTS
      • Importe: 50 €
  • Se é un club quen quere facer o pago, indicalo oportunamente e para que técnicos se solicita.
  • Unha vez comprobada a posesión de licencia en vigor ou a inscrición do curso, tramitarse a alta con NacSport.

12 de xuño. Concentración de Escolas. Concello de Padrón.

Rematada a tempada 2020/2021, tivo lugar unha Concentración de Escolas de Hóckey a nivel autonómico. O lugar escollido foi Padrón (A Coruña), facendo de anfitrión o club Santo Domingo Hockey e grazas a boa colaboración do Concello de Padrón.

Máis de 300 participantes, con clubs de toda Galicia, viviron unha estupenda xornada de convivencia. Durante todo o día tiveron lugar partidos das categorías inferiores e tamén como novedad, encontros «Papis&Mamis», xogados por pais e nais de nen@s participantes.

Campus de hóckey no Concello de Pereiro de Aguiar

O luns 7 de xuño, presentouse o Campus de Hóckey no Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense), en colaboración coa Federación Galega de Hóckey. Unha actividade para nen@s do Concello e foráneos (con distintos prezos).
 
Celebrarase do 28 de xuño ao 2 de xullo, no Polideportivo municipal. O Campus será coordinado e impartido por Javier Valencia, en colaboración con técnicos da FGH. Na presentación, acompañounos Luis Menor, alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar.
 
 

Concentración de Escolas de hóckey no Concello de Padrón

 
Remata a tempada de hóckey e para ter un bo colofón, celébrase en Padrón (A Coruña) unha concentración de Escolas de hóckey, coa participación de varios clubs de toda a comunidade. Como anfitrión, tamén estará presente o club Santo Domingo de Padrón.
 
Tamén, como novidade, estreo dos novos equipos de «Papis e Mamis». Unha gran iniciativa que tamén ten cabida en Galicia.
Agradecer ao Concello de Padrón a súa colaboración nesta xornada de deporte e familia, que axuda a seguir coa promoción do deporte do hóckey na comunidade galega. 
02