Inauguración do NADE – Mariñamansa

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete lasa, Acompañado Polo Delegado Territorial Da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, Inaugurou no serán de onte (Xoves 12 de Maio) o NADE – Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado da Federación Galega de Hóckey, ubicado  nas instalaciones do campo de Mariñamansa (Ourense).

 

Tamén estivo presente Alberto Estévez, Presidente da FGH e unha representación de técnicos do CeTeGa. Xa recoñecido oficialmente pola Xunta de Galicia, este é un importante paso para o actual CeTeGa, que vai avanzando na súa cualificación. O NADE é o paso inmediatamente anterior ao CAR: Centro de Alto Rendemento.

Copa Galicia 2022 – Final a 4

Tras o remate das competicións séniors masculina e feminina de ámbito galego, celébrase unha FINAL a  4 para disputar o trofeo da Copa Galicia 2022. Clasifícaronse os 4 primeiros equipos, que xogarán o sábado as semifinais: 1º contra 4, e 2º contra 3º, en ambas categorías: masculina e feminina. Na xornada do domingo pola mañán xogaranse os partidos do 3er-4º posto e as FINAIS. 

O CALENDARIO de partidos da Copa Galicia sería o seguinte:

Sábado 14 Maio
15:00 Semifinal Feminina 2º vs 3º: Villar Ourense – Atlántico HC
16:30 Semifinal Masculina 1 vs 4º: CH Barrocás – At. Coruña HC
18:00 Semifinal Femenina 1º vs 4º: CH Albor – At. Coruña HC
19:30 Semifinal Masculina 2º vs 3º: CSA Ourense – CH Albor

Domingo 15 Maio
9:00 Partido 3º vs 4º Feminino
10:15 Partido 3º vs 4º Masculino
11:45 FINAL FEMININA
13:00 FINAL MASCULINA
14:30 ENTREGA TROFEOS

Presentación Copa Galicia 2022

O luns 9 de maio tivo lugar a presentación da FINAL a 4 da Copa Galicia 2022 de hóckey herba. Os 4 primeiros clasificados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este Torneo os próximos 14 e 15 de maio no campo de Mariñamansa.

Asistiron á presentación Gabriel Alén (Delegado da Xunta en Ourense), Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial), Mario Guede (Concelleiro de Deportes do Concello de Ourense), Alberto Estévez, Presidente da Comisión Xestora da FGH e Julio Vila, de Grupo Vila Castro. Agradecer o apoio das diferentes instituciones públicas representadas e tamén ao patrocinador oficial de Copa Galicia, VILA CASTRO Asesores.

Villar Ourense e CSA Ourense, Campións galegos infantís Hóckey Sala

Tralos campionatos celebrados o sábado 30 de abril na pista central de Expourense, os equipos ourensáns proclamáronse campións nas súas categorías: Villar Ourense na feminina e CSA Ourense na infantil mixto.

CAMPIONATO FEMININO:
Campión: Villar Ourense
Subcampión: At. Coruña HC

CAMPIONATO INFANTIL MIXTO:
Campión: CSA Ourense
Subcampión: Escola HC
Tercer posto: CH Barrocás
4º posto: Atlántico HC
5º posto: Cristo Rey
6º posto: At. coruña HC

Estivo presente na entrega de trofeos e medallas, Mario Guede, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense.

Campionato Galego Infantil de hóckey sala

🏑 Presentado o luns 25 de abril o Campionato galego infantil mixto e feminino de hóckey sala, que celebrarase no recinto de Expourense o vindeiro sábado 30 de abril. Actualmente, a pista central de Expourense (Ourense) acolle unha pista sintética, do máis alto nivel, para desenvolver unha semana chea de actividades de hóckey sala: o programa Xogade e o Campionato galego infantil.
 
 
Na presentación do torneo, participaron o xefe de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; o asesor en Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o presidente da Federación Galega de Hockey, Alberto Estévez; e o director deportivo de Expourense, Mario González.
 
 
O sábado 30 de abril  achegaranse a Ourense máis de dous centos de persoas, entre xogadores, técnicos, persoal federativo e público, o que agardamos sexa un éxito organizativo e de seguimento. Seis  equipos masculinos/mixtos e dous femininos formarán parte da competición. Calendarios e horarios poden consultarse na nosa web.
 
Este Campionato galego conta coa importante colaboración da Fundación Expourense e co patrocinio de Grupo Vila Castro, que unha vez máis mostra o seu apoio ao deporte do hóckey galego.   

XOGADE 2022 – Hóckey Sala

Desde o luns 25 abril e durante catro xornadas, terá lugar na pista de Expourense (Ourense) o programa Xogade, da Xunta de Galicia, para que nenos/as de colexios da cidade teñan contacto co deporte do hóckey.
 
Divino Maestro, Irmáns Villar, Curros Enriques e Virxe de Covadonga, son os centros educativos que participan nesta quenda do Xogade. Esperamos que moitos/as cativos/as queden prendados do noso deporte e se animen logo a practicalo.
 

CH Albor, Campión galego alevin mixto hóckey sala

E o título de campión galego Alevin mixto quedou en Ourense. CH Albor foi o gañador do trofeo, logo de vencer na Final por 4 a 0 ao CH Barrocás. Ambos equipos chegaron invictos ao partido final, logo de gañar os partidos de grupo. 

O resto de postos da clasificación foron:
3º Verourense
4º Escola HC
5º At. coruña
6º Atlántico Vigo
7º Escola HC Femenino

Agradecer ao Concello de Amoeiro a súa acollida e a presenza do seu alcalde, José Luis González.

Villar Ourense e CSA Ourense, campións galegos Infantil hóckey herba

Logo da campetición celebrada onte en Mariñamansa, xa temos os Campións galegos na categoría infantil hóckey herba.
 
No torneo feminino, as rapazas do Villar Ourense acadaron o entorchado galego, logo de gañar ao At. Coruña HC nos dous partidos disputados. En Infantil mixto, a copa tamén quedou en Ourense, coa victoria do CSA Ourense sobre o resto de rivais. O Escola HC (A Coruña) foi o subcampeón e o Atlántico HC (Vigo) en terceiro lugar.
 
Resultados e clasifiacións no Match Center da nosa web.
 
 

Campionatos galegos infantil hóckey herba

O sábado 2 de abril vivirase unha xornada intensa de hóckey en Ourense, no campo de Mariñamansa, onde coñeceremos os campións galegos da categoría nesta tempada 2021/2022.
 
Podedes consultar o Calendario de partidos na nosa web
 
Seguimento dos partidos online desde o Match Center
 

Campionato galego Alevin hóckey sala

O domingo 3 de abril, no Pavillón Municipal de Amoeiro (Ourense), terá lugar o Campionato galego alevin mixto de hóckey sala en xornada de mañán e tarde. Sete equipos galegos disputarán a competición, divididos en 2 grupos, de onde sairán os cruces definitivos.
 
Podedes consultar o calendario e horarios dos partidos na web da FGH. 
 
Seguimento dos partidos online desde o Match Center.