Comezan as obras no campo de Mariñamansa

Comezo das obras de remodelación no campo de hóckey de Mariñamansa (Ourense). Co plazo de execución de 3 meses, esta actuación contempla Inclúe a reforma completa da instalación de xogo dotándoa dun tapiz de xogo de nivel internacional.
 
Renovación completa do sistema de rego e de iluminación, proteccións perimetrais, reforma completa e ampliación de bancos e zona de xuíces segundo estándares internacionais.
 
Un paso adiante moi importante para o hóckey galego, e comezamos a conta atrás para contar cunhas instalacións de primeiro nivel, que farán progresar de maneira significativa o noso deporte.
Grazas ao apoio e implicación do Concello de Ourense neste proxecto de futuro.

Acordo de colaboración entre FGH e Nacsport

A Federación Galega de Hóckey e Nacsport asinan un acordo de colaboración de ámbito anual para traballar conxuntamente no desenvolvemento de capacidades dixitais para a recolección, análise e tratamento de vídeo.

Tanto no ámbito da tecnificación e alto rendemento a través do CeTeGa (Centro Galego de Tecnificación) como no hóckey de base e de escola, a través dos clubs.

Nacsport convértese asi en colaborador e provedor de solucións de vídeoanálise do CeTeGa, achegando a súa tecnoloxía aos programas de seguimento e tecnificación e apoiando ao equipo técnico da seleccións galegas.

Desta maneira amplíanse o programa de formación de adestradores, incluíndo cursos de vídeoanálise así como apoio técnico mediante vídeo,  para os programas de mellora e tecnificación do colectivo arbitral galego.

Concentración de Escolas de Hóckey. Padrón, 12 de xuño.

O vindeiro sábado 12 Xuño celebrarase unha Concentración de Escolas Benxamin e Alevin, no campo de herba artificial de Pazos (Padrón) en colaboracion co club HC Santo Domingo e o apoio do Concello de Padrón.
 
O propósito de celebrar unha xornada de convivencia deportiva e familiar, contando con todas as precaucións e protocolos necesarios, cun almorzo (aplicando as restriccions oportunas) nas mesmas instalaciones e outras actividades.
 
Aqueles clubes que desexen participar nesta actividade, cos seus equipos benxamins e alevins, deben confirmar a súa presenza e determinar  con qué equipos participan. Rogamos envíen un correo a: promocion@fghockey.gal  antes do 30 Maio (inclusive).

CH Albor, dobrete campión na Copa Galicia 2021

Logo da competición desenrolada na fin de semán do 15-16 de maio, o Club Hóckey Albor (Ourense) acadou a victoria na Copa Galicia, en categoría masculina e feminina. Conquerindo un dobrete nesta primeira edición do torneo, e poñendo un gran colofón a esta tempada 2020/2021 a nivel autonómico.
 
Na entrega de trofeos, tamén se distinguiron aos máximos goleadores galeg@s desta tempada.
Xurxo Cid (CH Barrocás), máximo goleador División de Honra B.
David Aguiar (Santo Cristo) e Álvaro Rodríguez (Athletic Coruña), máximos goleadores Primeira Nacional (premio compartido).
* Categoría feminina, pendente de finalizar a competición.
 
COPA GALICIA masculina
CH Albor
Cidade de Ourense
Santo Cristo
4º Athletic Coruña
 
COPA GALICIA feminina
CH Albor
AD Ourense
Atletic Coruña HC
4º Atlántico Vigo
 

FINAL a 4 – Copa Galicia 2021

Tras o remate das competicións séniors masculina e feminina de ámbito galego, celébrase unha FINAL a  4 para disputar o trofeo da Copa Galicia 2021. Clasifícaronse os 4 primeiros equipos, que xogarán o sábado as semifinais: 1º contra 4 e 2º contra 3º, en ambas categorías: masculina e feminina.

Na xornada do domingo pola mañán xogaranse os partidos do 3er-4º posto e as FINAIS. Así mesmo, entregaranse recoñecementos aos máximos goleadores galegos de División de Honra B e Primeira División (Masculina e Feminina).

Consultade aquí o Calendario e horarios dos partidos.

Haberá servizo de Streaming para os partidos das Finais e a entrega dos trofeos, na nosa canle de Youtube.

 

Presentación Copa Galicia 2021

O luns 10 de maio tivo lugar a presentación da FINAL a 4 da Copa Galicia 2021 de hóckey herba. Os 4 primeiros clasifiados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este Torneo os próximos 15 e 16 de maio no campo de Mariñamansa.

Asistiron á presentación Gabriel Alén (Delegado da Xunta en Ourense), Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial), Aníbal Pereira (representante do Concello de Ourense) e Alberto Estévez, Presidente da Xestora da FGH. Agradecer o apoio das diferentes instituciones públicas representadas e tamén ao patrocinador oficial de Copa Galicia, VILA CASTRO Asesores.

RESOLUCIÓNS CURSOS Nivel 1 e Nivel 2

Tras a correspondente convocatoria e difusión dos cursos, finalizou o período de inscripción e a corrección de defectos nas documentacións. Con data 10 maio de 2021, emítense as resolucións en canto a admitidos/as e as cantidades bonificadas en cada solicitude.

Cabe destacar o esforzo en bonificacións aos colectivos especiais como menores de idade, técnicos, adestradores do CeTeGa, seleccionadores, persoal da FGH e outros; aprobadas o pasado dia 8 de maio pola Comisión Xestora por un importe de mais de 6.500€ en reducións de custos de matricula, co obxecto de fe recompensar aos colectivos máis implicados.

RESOLUCIÓN NIVEL 1

RESOLUCIÓN NIVEL 2