Mariñamansa xa é NADE: Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado

O Centreo de tecnificación de Mariñamansa xa ten a categoría de NADE: Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado. Así ven de ser recoñecido pola Xunta de Galicia, trala publicación do DOG. Este é un importante paso para o actual CeTeGa, que vai avanzando na súa cualificación. O NADE é o paso inmediatamente anterior ao CAR: Centro de Alto Rendemento.
 
O NADE trátase dun conxunto de medios humanos e materiais xestionados por unha federación deportiva, un club deportivo ou unha sociedade anónima deportiva rexistrada no “ Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia” que teña por finalidade a preparación técnico-deportiva orientada ao alto nivel ou ao alto rendemento deportivo.
 
Esta validación por parte da Xunta de Galicia significa o recoñecemento ao traballo que leva realizando a FGH durante moito tempo no actual centro de tecnificación. O obxectivo é seguir formando aos nenos/as, técnicos e continuar a promoción do noso deporte.
¡¡ é !!
 
Publicado en Noticias.