Santo Cristo, Campión galego Infantil mixto Hóckey Sala

O equipo ourensán venceu na Final do torneo ao Escola HC de A Coruña, por 4-2, conquerindo así o título galego, nun partido moi igualado. No terceiro posto do campionato, remataron as rapazas do Irmáns Villar, logo de gañar 5-2 ao CH Barrocás.

Unha competición celebrada no polideportivo de Oira, en Ourense, con éxito organizativo e seguindo coa aplicación das directrices e normativas establecidas polas autoridades competentes.

CLASIFICACIÓN FINAL: 
Campión: Santo Cristo
Subcampión: Escola HC
Tercer posto: Irmáns Villar
4º CH Barrocás
5º CH Albor
6º Atlántico Vigo

Convenio de colaboración entre INEF Coruña e a FGH

O 7 de abril de 2021, vense de firmar un convenio de colaboración entre a Universidade de A Coruña e a Federación Galega de Hóckey, enfocado á realización de prácticas académicas dos alumnos da UDC, directamente relacionadas co deporte do hóckey.

O obxectivo desta colaboración é o de seguir coa promoción e difusión do deporte do hóckey en Galicia, permitindo ó acceso d@s estudantes universitarios a esta práctica deportiva. 

 

Campeonato Galego Hóckey Sala Infantil Mixto

 
O sábado 1 de maio celébrase no Polideportivo de Oira (Ourense) o Campionato galego de hóckey sala Infantil Mixto, onde 6 equipos de toda Galicia loitarán polas medallas, e tamén pola clasificación para a Fase de Sector.
 
Esta cita será tamén en Ourense, nas datas do 8 e 9 de maio, participando os dous primeiros clasificados deste torneo. Na categoría feminina, o club Irmáns Villar (Ourense) xa está clasificado para a Fase de Sector nº 3, a disputar en Cantabria.   
 

Copa Diputación de hóckey herba na provincia de A Coruña

A Deputación da Coruña e a Federación Galega de Hóckey veñén de acordar a organización da Copa Diputación de Hóckey Herba 2021. Nunha reunión celebrada coa Deputada Cristina Capelán, responable da área de Deportes.

Unha competición que terá lugar do 15 de setembro ao 15 de outubro, para as categorías benxamín mixto, alevín mixto e infantil masculino e feminino. A Coruña, Oleiros e Padrón serán as sedes dos partidos.

Un paso adiante moi importante para a promoción e difusión do deporte do hóckey, na provincia da Coruña e na comunidade autonóma.

Visita institucional de la RFEH

Visita institucional a Galicia, los días 6 y 7 de abril, de Santi Deo -Presidente de la RFEH-, José Antonio Gil, Secretario y Pablo Sánchez responsable del Área Deportiva. Representando a la Real Federación Española de Hockey.
En Santiago, reunión con José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, acompañados de representantes de la FGH. Ya por la tarde, en el campo de Mariñamansa (Ourense), encuentro con los clubes de Ourense y Vigo, y visita a las instalaciones, que acogerán el futuro campo internacional de hockey en Galicia.

En la segunda jornada de encuentros institucionales:
En Ourense, reuniones con Gonzalo Pérez Jácome, Alcalde de Ourense; Gabriel Alén Castro, Delegado territorial de la Xunta de Galicia; y con Rosendo Fernández, Vicepresidente de la Diputación de Ourense.
En A Coruña, encuentro con Mónica Martinez, Concejala de Deportes y también con los representantes de los clubs de la provincia.

Desde la FGH, agradecemos estos dos días intensos, llenos de reuniones de trabajo, donde se han fortalecido los próximos proyectos para la promoción y crecimiento del hóckey en Galicia.

Escola HC, Campión galego infantil hóckey herba

O equipo coruñés proclamouse Campión galego logo de impoñerse aó Santiago Apóstol (Ourense) por 3-2 na ronda de «shoot-outs», tras o empate 0-0 co que rematou o partido.

No terceiro lugar, as rapazas do Ourense HC conseguiron as medallas de bronce, gañando o seu partido por 3-1 ao CH Barrocás. 

CLASIFICACIÓN FINAL:

Campión: Escola HC
Subcampión: Santiago Apóstol
Tercer posto: Ourense HC
4º CH Barrocás
5º Atlántico Vigo

CH Albor, Campión galego benxamín mixto hóckey sala

O equipo ourensán proclamouse Campión galego logo de gañar a 5-1 ao CH Barrocás na final do Campionato, celebrado no Polideportivo de Oira (Ourense).
A medalla de bronce foi para o club Montealegre Ourense, que venceu aos nen@s do Escola HC da Coruña.
 
CLASIFICACIÓN FINAL:
Campión: CH Albor
Subcampión: CH Barrocás
Tercer posto:  Montealegre Ourense
4º Escola HC
5º Atlántico Vigo
6º Támega HC
.