Éxito da Hockey Experience na Coruña

O pasado sábado máis de 100 nenos e nenas da Coruña participaron na Hóckey Experience que se celebrou na chaira do Palacio dos Deportes de Riazor da Coruña.

Unha xornada que se desenvolveu desde as 10 da mañá ata as 6 da tarde, na que os máis novos puideron achegarse para coñecer o noso deporte dunha forma moi divertida e coa presenza de Redy, a mascota do hóckey español. 

O Concelleiro de Deportes de Coruña, Manuel José Vázquez, e o Presidente da Federación Galega de Hóckey, Roberto Baratta, non quixeron perderse esta cita.

Para o éxito deste evento, organizado conxuntamente polas federacións española e galega, foi imprescindible a colaboración dos clubs de Coruña, a do Concello da Coruña e o patrocinio de Autocares Fondo.

As nosas Seleccións Sub14 disputaron o Nacional de Autonomías

Do 21 ao 24 e marzo as Seleccións Galegas Masculina e Feminina Sub14 acudiron a Valencia para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Hóckey Herba.

Os mozos conseguiron un merecido 4º posto. Comezaban a súa participación perdendo por 10 a 0 contra Valencia. No seu segundo partido impoñíanse por 2 a 0 á selección de Aragón. O cuarto enfrontamento deparáballes unha derrota contundente fronte a Andalucía por 10 a 2. E pecharon o seu torneo caendo por 7 a 1 antes Cantabria. 

Mentres, as mozas, terminaban o campionato en 6º lugar. Empatando a uns contra Baleares, caendo por 16-0 contra Andalucía e por 0-8 ante a Comunidade Valenciana.

Sen dúbida unha experiencia única para os nosos que regresan habendo competido e aprendido. 

 

A Hockey Experience da RFEH chega A Coruña

Se vives na Coruña non podes perder a Hóckey Experience, un evento pensado para que os máis novos coñezan o hóckey herba xogando e divertíndose, que chega a cidade herculina o sábado 6 de abril.

No aparcamento do Palacio dos Deportes de Riazor, desde as 10 da mañá ata a 6 da tarde ininterrompidamente, os máis peques poderán achegarse para xogar nas diversas probas e coñecer en persoa a Redy a mascota do hóckey español.

A participación é totalmente gratuíta, previa inscrición a través destacó ligazón: https://forms.gle/1EGyYW2CpvQwTNM6A

Este gran evento do hóckey está organizado pola Real Federación Española de Hóckey e a Federación Galega , coa inestimable colaboración dos clubs da Coruña, o apoio do Conello da Coruña, e o patrocinio Autocares Fondo. 

Carlota Álvarez e Manu Lamelas convocados coas seleccións españolas Sub21 e Sub16

O hóckey galego está de parabén esta semana. Déronse a coñecer as listas de convocados coas seleccións españolas Sub21 Feminina e Sub16 Masculina, e en ambas teremos representación galega.

Carlota Álvarez, porteira do C.H. Albor, acaba de ser convocada para a concentración previa á participación da Selección española Sub21 no Europeo que terá lugar en Terrassa no mes de xullo, onde estamos seguros que estará Carlota.

Mentres, Manu Lamelas, do OurenSticks, foi convocado coa Sub21 para viaxar a Polonia a disputar o torneo 4 Nacións de Semana Santa.

Moita sorte aos dous.

 

Os máis mozos inícianse na arbitraxe

Nos pasados días celebrouse na cidade de A Coruña o Curso de Iniciación para árbitros coa asistencia de máis de 20 mozos e mozas interesados.

Un curso organizado polo EGAX (Escola Galega de Árbitros e Xuíces) do CETEGA que foi un éxito de convocatoria. 

Un dato positivo para o desenvolvemento da arbitraxe entro os máis mozos na cidade herculina. 

Amoeiro acolleu o Galego de Hóckey Sala PreBenxamín e Alevín

O pasado sábado o pavillón municipal de Amoeiro acollé los máis cativos e los alevíns do nos deporte, para disputar o Campionato Galego de Hóckey Sala PreBenxamín e Alevín, Xunta de Galicia.

Os prebenxmaíns disfrutaron dunha xornada única de deportividade e competición. Os clubes que participaron foros: Albor, Barrocás e Irmáns Villar.

Na categoría Alevín Masculina e tamén na Feminina, o primeiro clasificado foi o C.H. Albor e o segundo o OurenSticks. 

Convocatoria de Asamblea Extraordinaria

Lugar: CONVOCATORIA ONLINE REMITIDA POR CORREO ELECTRONICO

Fecha: VIERNES 22/03/2024

Hora: 20:00h en primera convocatoria y 20:30 h en segunda convocatoria

Orden del día:

  1. Propuesta de reforma adecuación estatutos FGH
  2. Aprobación cuentas 2023 y presupuestos 2024
  3. Ruegos y preguntas

 

O C.H. Albor Benxamín, campión galego de Hóckey Sala

Onte, o Polideportivo Novo Mesoiro da Coruña acolleu o Campionato Galego Benxamín de Hóckey Sala Xunta de Galicia. 

A clasificación final foi a seguirte:

1º C. H. Albor

2º A.D. Cristo Rey

3º Clube Irmáns Villar

4º Escola H.C.

5º C.H. Barrocás

6º Ath. Coruña H.C.

Unha xornada chea de deportividade e de moito hóckey… Coruña é Hóckey Sala.

As seleccións Sub16 competiron no Campionato España Autonómico de Herba

Os rapaces e rapazas Sub16 disputaron a pasada fin de semana en San Sebastián o Campionato de España Autonómico de Hóckey Herba. 

A mecánica do torneo sentenciaba aos nosos, tanto á selección masculina coma á feminina, a pelexar pola 8ª a 12ª praza, tras perder os seus dos primeiros enfrontamentos, fronte a Canarias (3-1) os mozos fronte a Valencia (0-3) ás mozas. 

Nos seguintes partidos a selección masculina gañoulle a Aragón por 0-2, tamén por 11-0 á Rexión de Murcia e outra vitoria máis por 4-2 fronte a selección de Aragón, acadando así a 9ª posición. 

Mentres que a selección feminina perdía fronte a Madrid por 3-0, empataba fronte Asturias 0-0 e sumaba unha nova derrota fronte Valencia 2-0 no partido final que as deixou na 8ª posición.

Manu Lamelas, máximo goleador do torneo

A nova máis satisfactoria da expedición galega foi que Manu Lamelas rematou o campionato como máximo goleador do mesmo. Un dato que ven a confirmar a fantástica traxectoria do noso xogador.

Unha experiencia mais dos nosos, que despregaron en Donosti a súa deportividades e competitividade.