Staff CeTega 2022-2023

Publicamos a actualización do Staff CeTeGa para a nova tempada 22-23 na que se vai consolidar o magnífico traballo desenrolado por todos os técnicos en todas as categorías (sub14, sub16 e sub18), coa nova condición de NADE (Núcleo de Adestramento Especializado).

Esta condición establece uns estándares moi exixentes, que permitirán unha mellora continua nos ámbitos técnicos, educativos e formativos, non so para os xogadores/as se non tamén para os adestradores e monitores implicados.

As actividades de tecnificacion consolídanse tamén nos calendarios da sede de Mariñamansa (Ourense) es as subsedes de Vigo e A Coruña,  que publicaranse ao comezo da tempada e que pretenden dar máis continuidade á preparación específica, no ámbito da Tecnificación  durante toda a tempada.

STAFF CETEGA, documento PDF:
Staff CeTeGa 2022-23

Test Matches Galicia-Portugal Sub18

Na fin de semana do 25 e 26 de xuño, as seleccións galegas Sub18 masculina e femenina disputaron unha serie de partidos amigables cos equipos nacionais de Portugal. A competición tivo lugar no Estadio nacional de Lousada.

Os resultados foron:
MASCULINO:
Portugal 1 – Galicia 1 (2-3 Shoot Outs)
Portugal 3 – Galicia 1
FEMININO:
Portugal 0 – Galicia 6
Portugal 1 – Galicia 2

Podedes ver os partidos na canle de Youtube da Federación Portuguesa de Hóquei.

HÓCKEY CAMP Multiaventura

A Federación Galega de Hockey (FGH) e o Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa), segundo o programa presentado pola Secretaria Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, presentamos este actividade dentro do programa Plan Corresponsables Hockey 2022 para a realización de actividades de animación socio deportiva. Unha acción realizada por Saudeter en colaboración coa FGH.

 

LUGAR: campo de hóckey de Mariñamansa (Ourense).

DIRIXIDO A:
Nenos/as, escolarizados nun centro da comunidade escolar de Galicia e residentes na mesma, de idades comprendidas entre 7 e 14 anos, (ambos inclusive), no momento da realización da inscrición.

PREZO: Gratuito.
** Fianza de 25 € que será devolta unha vez finalizada a quenda, e sempre que se cumpra un mínimo de asistencia do 70%, é dicir acudir a un mínimo de 7 días do programa.

ACTIVIDADES:
O programa de actividades inclúe actividades socio – deportivas con carácter lúdico, nas que se inclúen actividades de promoción ó hóckey , talleres de manualidades, xogos lúdicos, Inchables, atracións e moitas máis centradas do divertimento e aprendizaxe dos nenos.
Avituallamento: @s nen@s terán a súa disposición cada día, agua e fruta.

DATAS: Xullo e Agosto 2022
● 1º Quenda: Do 4 o 7 e do 11 o 14 de Xullo (2 semanas de luns a venres)
● 2º Quenda: Do 18 o 22 e do 25 o 28 de Xullo (2 semanas de luns a venres)
● 3º Quenda: Do 1 o 5 e do 8 o 12 de Agosto (2 semanas de luns a venres)
● 4º Quenda: Do 15 o 19 e do 22 o 26 de Agosto (2 semanas de luns a venres)

PROGRAMA:
● Conciliación familiar 8:30h a 9:30h : Todas aquelas familias que demostren dita necesidade.
● Desarrollo das actividades/programa 9:30h – 13:30h
● Saída adaptada a nais /pais particiapntes: 13:30h-14:30h Para todas aquelas familias que demostren dita necesidade.

INSCRICIÓNS: prazas limitadas, 50 por quenda. Directamente con Saudeter, na seguinte ligazón

INFORMACIÓN COMPLETA (PDF): PLAN CORRESPONSAL – FGH 2022

 

 

CH Barrocás ascende a División de Honor B

Do 3 a o 5 de xuño de 2022 tivo lugar en Ourense a Semifinal da Fase de Ascenso a División de Honra B, coa participación de 4 equipos. En xogo 3 prazas de ascenso que finalmente foron para CH Carpesa, CH M. Las Rozas e CH Barrocás, equipo galego clasificado por ter sido campión da Liga Galega de Primeira Nacional.

 No partido do domingo, frente CH Xaloc, o club ourensán conseguiu a victoria por 3 a 1 y con ela o merecido ascenso de categoría. Así a vindeira tempada Galicia contará cun equipo nunha das máximas categorías do hóckey nacional. Moitos parabéns para o CH Barrocás e sorte na próxima Fase Final do Campionato de España de Primeira Nacional, a disputar do 24 ao 26 de xuño. 

Santiago Apóstol, campión galego Benxamin mixto hóckey herba

O club Santiago Apóstol (Ourense), proclamouse Campión galego na categoría Benxamín mixto de hóckey herba. Campionato celebrado o sábado 28 de maio, no campo de Mariñamansa.
 
Na Final, gañou por 6 a 5 ao CH Albor, nun derby ourensano. O terceiro posto foi para o Atlántico HC de Vigo, que derrotou 7-4 aos coruñeses do Escola HC.
5º clasificado: Ath. Coruña HC
6º clasificado: Ourense HC
 
Grazas unha vez máis a Grupo VilaCastro polo apoio ao noso deporte.
 

Escola HC e At. Coruña, Campións galegos cadete hóckey herba

Escola HC e At. Coruña HC, proclamáronse Campións galegos CADETE mixto e feminino, de hóckey herba. Os títulos autónomicos viaxan a terras coruñesas, logo da competición celebrada no campo de Mariñamansa. En categoría cadete mixto, os xogadores do Escola HC derrotaron na Final por 4 a 1 ao Cidade de Ourense. Terceiro posto para CH Barrocás que gañou por 3 a 2 ao Atlántico de Vigo.

En categoría feminina, Final a dobre partido entre equipos coruñeses. O club At. Coruña derrotou por 6-3 e 5-0 ao Escola HC, e con elo proclamouse campión galego.

CONVOCATORIA PROCESO ELECTORAL FGH 2022

Unha vez publicados no apartado desta mesma web “Proceso Electoral 2022” :

  • Regulamento Electoral e Calendario Electoral, aprobados pola Secretaría Xeral para o Deporte, cas instrucións, datas e documentos necesarios para o proceso. Reclamación mediante proceso contencioso administrativo nos dous meses seguintes a súa aprobación.
  • Nomeamento da Xunta Electoral, segundo o regulamento anterior, para que sexa constituída no prazo de dous días hábiles dende a presente convocatoria. Reclamación dende hoxe ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva no mesmo prazo de dous días hábiles.
  • Censo Provisional que figurará exposto 10 días hábiles desde hoxe ata o 3/06/2022. Reclamacións, ou comunicacións de opcións individuais no caso de persoas en varios estamentos ou modalidades, ante a Xunta Electoral. Publicación do Censo Definitivo o 23/06/2022 como máximo.

Confirmamos oficialmente a CONVOCATORIA DAS ELECCIÓNS 2022 para Membros da Asemblea Xeral, Presidente/a e Comisión Delegada da Federación Galega de Hockey, sendo electores e elixibles como membros da asemblea os integrantes do futuro censo definitivo:

20 membros da asemblea con 11 clubs,  4 deportistas, 3 técnicos/as e 2 árbitros/as:

  • Presentación candidaturas do 23/06/2022 o 30/06/2022
  • Fin solicitude voto por correo: 01/07/2022
  • Votacións 10-12h do 10/09/2022 en Ourense (Sede FGH no Campo de Fútbol o Couto) e A Coruña (Salón de actos Complexo Deportivo Elviña).

Presidente/a e Comisión Delegada con 7 membros (Presidente + 6):

  • Votacións 10-12h do 12/11/2022 en Ourense (Sede FGH no Campo de Fútbol o Couto)

Finalmente reiteramos as canles telemáticas para remisións de informacións e documentacións:

  • Comité Galego de Xustiza Deportiva s/sede electrónica: https://sede.xunta.gal
  • Rúa Madrid 2-4, Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela

 

Presidente Comisión Xestora FGH

CH Albor, Campións galegos Alevin mixto hóckey herba

O club ourensán Club Hockey Albor proclamouse Campión galego Alevin mixto, na modalidade de hóckey herba, no campionato celebrado en Mariñamansa o sábado 21 de mayo. Tras un torneo inmaculado, gañando con solvencia todos os seus partidos, os rapaces do equipo do Couto proclamáronse campións galegos en Mariñamansa, gañando a CH Barrocás na Final.

CLASIFICACIÓN CAMPIONATO:
Campión: CH Albor
Subcampión: CH Barrocás
Terceiro: Villar Ourense
4º Escola HC
5º Cidade de Ourense
6º Atlántico HC

Villar Ourense e CH Barrocás, campións Copa Galicia 2022

Os dous equipos ourensáns son os novos campións da Copa Galicia, en categoría feminina (Villar Ourense) e masculina (CH Barrocás). A final feminina foi moi igoalada, rematando 1-1 e tendo desenlace na rolda de «Shoot Outs», onde as xogadoras do Villar Ourense venceron por 3 a 1. Polo lado masculino, tamén final ourensana entre CH Barrocás e CH Albor, onde venceron os primeiros por un claro 9 a 0.
 
PALMARÉS FEMININO:
Campión: Villar Ourense
Subcampión: CH Albor
3º posto: At. Coruña
4º posto: Atlántico HC
 
PALMARÉS MASCULINO:
Campión: CH Barrocás
Subcampión: CH Albor
3º posto: At. Coruña
4º posto: CSA Ourense
 

Gimnástico Cudeiro, 50 anos de hóckey

Un club histórico na cidade de Ourense, o Ximnástico Cudeiro, celebra o seu 50 aniversario. Un longo percorrido con moitas xeracións de xogadores, forxados no cercano pobo de Cudeiro, no Concello de Ourense. 

Na Gala do hóckey galego, celebrada o sábado 14 de maio, coincidindo coa Copa Galicia 2022, a Comisión Xestora da FGH quixo facer unha homenaxe a un club tan representativo do hóckey galego. 

 

Compartimos un video realizado polo servizo de Comunicación, que sirva tamén de recoñecemento a tantos anos de bo traballo polo  hóckey en Ourense: