Últimas noticias

Encontros amigables SUB 21: Galicia vs Portugal

Os días 31 de outubro e 1 de novembro, tiveron lugar en Mariñamansa (Ourense), os encontros amigables entre as seleccións Sub21 masculinas de Galicia e Portugal. Victoria portuguesa 0-1 no primeiro encontro (domingo) e empate 2-2 o luns pola mañán.
Unha boa pedra de toque para coñecer o nivel dos nosos Sub21 e unha boa experiencia competitiva para os xogadores.
«Moito obrigado» Federação Portuguesa de Hóquei pola visita a Galicia.

Ourense despide ás seleccións nacionais de hóceky herba


Logo de 5 días de intenso traballo dentro e fóra do campo de xogo, as seleccións nacionais absoluta e sub 21 masculinas deixaron Ourense logo do SuperCamp preparatorio para Paris 2024.

O novo seleccionador Max Caldas, corpos técnicos, Staff da RFEH e xogadores, alabaron as novas instalacións de Mariñamansa, cun campo de xogo con certificación FIH. O Stage foi un éxito organizativo, e os encontros preparatorios contaron con numerosa presenza de público nas gradas de Mariñamansa.

Leer más

SuperCamp da Selección española de hóckey en Ourense

Do 27 ao 31 de outubro, Ourense recibirá máis de 70 persoas, xogadores e corpo técnico das Seleccións españolas de hóckey herba absoluta e Sub21. Permanecerán na nosa cidade durante 5 días realizando un SuperCamp ou Stage, nas renovadas instalacións de Mariñamansa, que contan cunha nova superficie de xogo e melloras nos seus equipamentos. Este é un factor determinante para a elección de Ourense como sede desta concentración da selección nacional.

Leer más

Debut da selección galega Sub21 masculina

Debut da Selección galega masculina Sub21, que disputou un partido na mañán do domingo 17 de outubro, contra o combinado nacional +40.  Moi bo partido dos rapaces, que perderon 2-3 nun encontro moi disputado. 

Convocatoria selección galega masculina Sub 21

A seleccción galega masculina Sub 21 disputará un partido amigable o domingo 17 de outubro ás 9:30h no renovado campo de Mariñamansa (Ourense), contra a Selección española masculina +40, que estará a fin de semana realizando un Stage de preparación na cidade de Ourense. 

Os convocados para esta cita da Sub 21 son os seguintes:

PEDRO GAMALLO FERNANDEZ C.H. ALBOR
JAVIER GRANDE VARELA C.H. ALBOR
BRAIS SÚAREZ PARENTE (Sub 18) C.H. ALBOR
MARTÍN VALDÉS OSORIO (Sub 18) C.H. ALBOR
MIGUEL VALENCIA BOSO (Sub 18) C.H. ALBOR
ALEXIS SÚAREZ PARENTE C.H. ALBOR
DANIEL VELASCO PÉREZ C.H. ALBOR
ADRIÁN VIDAL FRANCO (P) (Sub 18) C.S.A. OURENSE
MIGUEL MOSQUERA REGUEIRO (Sub 18) C.S.A. OURENSE
IKER NUÑEZ PIÑEIRO (Sub 18) C.S.A. OURENSE
DAVID AGUIAR FERNÁDEZ C.S.A. OURENSE
SAMUEL BEMBIBRE GARCÍA C.H. CIDADE de OURENSE
DANIEL BARATTA GAGO (Sub 18) C.H. BARROCÁS
BRAIS GARCÍA RODRIGUEZ C.H. BARROCÁS
DANIEL VILAR NUÑEZ C.H. BARROCÁS
JACOBO PÉREZ IGLESIAS C.H. BARROCÁS
DYLAN QUINTAIROS CRESPO (P) C.H. BARROCÁS
JONATHAN QUINTAIROS CRESPO C.H. BARROCÁS
BRUNO A. ORTIZ LÓPEZ C.H. BARROCÁS

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales