Últimas noticias

Campus de hóckey no Concello de Pereiro de Aguiar

O luns 7 de xuño, presentouse o Campus de Hóckey no Concello de Pereiro de Aguiar (Ourense), en colaboración coa Federación Galega de Hóckey. Unha actividade para nen@s do Concello e foráneos (con distintos prezos).
 
Celebrarase do 28 de xuño ao 2 de xullo, no Polideportivo municipal. O Campus será coordinado e impartido por Javier Valencia, en colaboración con técnicos da FGH. Na presentación, acompañounos Luis Menor, alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar.
 
 

Concentración de Escolas de hóckey no Concello de Padrón

 
Remata a tempada de hóckey e para ter un bo colofón, celébrase en Padrón (A Coruña) unha concentración de Escolas de hóckey, coa participación de varios clubs de toda a comunidade. Como anfitrión, tamén estará presente o club Santo Domingo de Padrón.
 
Tamén, como novidade, estreo dos novos equipos de «Papis e Mamis». Unha gran iniciativa que tamén ten cabida en Galicia.
Agradecer ao Concello de Padrón a súa colaboración nesta xornada de deporte e familia, que axuda a seguir coa promoción do deporte do hóckey na comunidade galega. 
02

Comezan as obras no campo de Mariñamansa

Comezo das obras de remodelación no campo de hóckey de Mariñamansa (Ourense). Co plazo de execución de 3 meses, esta actuación contempla Inclúe a reforma completa da instalación de xogo dotándoa dun tapiz de xogo de nivel internacional.
 
Renovación completa do sistema de rego e de iluminación, proteccións perimetrais, reforma completa e ampliación de bancos e zona de xuíces segundo estándares internacionais.
 
Un paso adiante moi importante para o hóckey galego, e comezamos a conta atrás para contar cunhas instalacións de primeiro nivel, que farán progresar de maneira significativa o noso deporte.
Grazas ao apoio e implicación do Concello de Ourense neste proxecto de futuro.

Acordo de colaboración entre FGH e Nacsport

A Federación Galega de Hóckey e Nacsport asinan un acordo de colaboración de ámbito anual para traballar conxuntamente no desenvolvemento de capacidades dixitais para a recolección, análise e tratamento de vídeo.

Tanto no ámbito da tecnificación e alto rendemento a través do CeTeGa (Centro Galego de Tecnificación) como no hóckey de base e de escola, a través dos clubs.

Nacsport convértese asi en colaborador e provedor de solucións de vídeoanálise do CeTeGa, achegando a súa tecnoloxía aos programas de seguimento e tecnificación e apoiando ao equipo técnico da seleccións galegas.

Desta maneira amplíanse o programa de formación de adestradores, incluíndo cursos de vídeoanálise así como apoio técnico mediante vídeo,  para os programas de mellora e tecnificación do colectivo arbitral galego.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales