Últimas noticias

Stage da selección española +40 hóckey herba en Ourense

A estrea do novo campo de Mariñamansa (Ournse) ya comeza a ser referente do hóckey nacional. Como antesala ao SuperCamp da selección absoluta masculina de finais de octubre, chega a Mariñamansa o combinado nacional masculino +40, que inicia a súa preparación de cara ao Campeonato Mundial de Nottingam (UK), que terá lugar en agosto de 2022.

Nesta concentración estarán presentes 2 xogadores galegos: Javier Valencia e Pablo Baratta. O primeiro xa é un habitual desta selección e conta con varias medallas na súa conta. Lembramos05 que España é actualmente a Campiona Europea (Rotterdam, 2019) e Subcampioa mundial (Terrassa, 2018).

Do 15 ao 17 de outubro, a selección española +40 realizará adestramentos e formación técnica, tanto no campo de hóckey como nas instalacións do CeTeGa (Centro Tecnificación de Galicia).

Os partidos a disputar son os seguintes:

Sábado 16 outubro, 17:00h: España +40 – CH Barrocás

Domingo 17 outubro, 9:30h: España +40 – Selección galega Sub21

**O acceso ao público é gratuito. A asistencia ás instalacións estará condicionado á normativa e protocolos actuais en relación ao Covid19.

Presentación da Copa Deputación da Coruña de Hóckey Herba

Luns, 4 de outubro de 2021. 12:00h. Deputación Provincial da Coruña.

Tivo lugar a presentación oficial da Copa Deputación da Coruña de hóckey herba, que terá lugar no mes de novembro de 2021, nos concellos de A Coruña, Oleiros e Padrón. Esta competición centrarase nas categorías inferiores: benxamín, alevín e infantil, tanto masculino como feminino.

 

Os clubs participantes na Copa Deputación serán o Club Santo Domingo de Padrón, A.D. Cristo Rey de Oleiros, Athletic Coruña HC e Escola HC, da cidade herculina.

As datas das xornadas de competición son as seguintes:

6 de novembro, campo de Pazos, Padrón.

13 de novembro, instalación do INEF, Oleiros.

20 de novembro, campo da Torre, A Coruña.

No acto estiveron presentes Cristina Capelán, responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, e Roberto Baratta, responsable da área de Promocion da Federación Galega de hóckey. 

Esta nova competición supón un importante paso adiante para a promoción e difusión do deporte do hóckey, na provincia da Coruña e na comunidade autonóma. Unha acción que se enmarca dentro do Plan Impacto 2020-2022 da Federación Galega de Hóckey.

 

 

Visita institucional a Ourense da RFEH

Os días 1 e 2 de outubro estiveron en Ourense José Antonio Gil “Gilo”, Secretario xeral da Real Federación Española de Hóckey e Max Caldas, novo seleccionador da selección española absoluta de hóckey herba. A visita foi coordinada pola Federación Galega de Hóckey, que exerceu de anfitrión nas diferentes accións realizadas.

Actualmente estanse a rematar as obras de remodelación do campo de hóckey herba de Mariñamansa (Ourense), que contará cunha nova superficie de xogo, de última xeración e certificación FIH (Federación Internacional de Hóckey). Estas instalacións recibirán á Selección absoluta masculina de hóckey herba, nun “Stage” que terá lugar do 28 ao 31 de outubro.

Este evento é moi importante xa que supón a estrea do novo seleccionador Max Caldas e o comezo dun novo ciclo olímpico, denominado “Road to Paris”, para a clasificación e preparación do combinado nacional para as próximas olimpíadas Paris 2024. Durante 4 días, os mellores xogadores en categoría absoluta e Sub-21 estarán en Ourense, realizando adestramentos, partidos e diferentes actos institucionais.

Outra das xornadas de traballo centrouse no Pazo dos Deportes, que será sede do Campionato de Europa de seleccións femininas de hóckey sala, en xaneiro de 2022, coa participación do combinado nacional xunto a outras 7 seleccións europeas. Para este torneo cóntase cunha pista sintética tamén con certificación internacional, que xa foi utilizada este ano no Campionato de España masculino de hóckey sala.

¡¡GALICIA É HÓCKEY!!

Club Hockey Marinenses, novo Club para o hóckey galego

Unha gran nova para o hóckey galego, que incorpora un novo Club na provincia de Pontevedra. Club Hóckey Marinenses comeza a súa actividade dende Marin, en colaboración co Colexio La Inmaculada, ao que hai que agradecer o apoio ao noso deporte.

Este novo Club nace grazas á iniciativa de Adela Tabernero e Yhosvany Hernández, que trouxeron dende Venezuela ata Galicia a súa paixón polo deporte do hóckey. Os dous contan con ampla experiencia, como xogadores e  como adestradores, agora na actualidade, polo que esperamos un bo éxito a este novo club que xorde en Marin.

Faite voluntario/a da Federación Galega de Hóckey


A Federación galega de hóckey ten por diante nesta tempada varios eventos importantes, nacionais e internacionais. Para eles imos necesitar moitas mans que axuden a que todo saia o mellor posible, polo que lanzamos un Programa de Voluntariado

¿Queres ser voluntario/a no Eurohockey Indoor en Ourense? ¿E noutros eventos importantes da FGH?

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales