Últimas noticias
Remate da Copa Diputación da Coruña 2021
Terceira e última xornada da Copa Deputación da Coruña, no campo da Torre en A Coruña, o domingo 21 de novembro de 2021. Un día cheo de hóckey para tod@s @s nen@s dos clubs participantes. Entregáronse tamén os trofeos da competición.
Grazas á Diputación da Coruña polo seu apoio e a Cristina Capelán (Diputada de Deportes). Tamén agradecer ao Concello de A Coruña e á súa concelleira de Deportes Mónica Martinez, pola súa implicación e apoio.
Parabéns a todos os clubs por facer posible esta Copa Diputación e seguir na tarefa de promoción do hóckey na provincia da Coruña e en Galicia. ¡¡GALICIA é HÓCKEY!!
A FGH participa en Sportur Galicia 2021
A Federación Galega de Hóckey estará presente no IV Salón do Deporte e o Turismo Activo, que se celebrará os días 19 e 20 de novembro no recinto ferial de Expourense, e onde contaremos cun espazo para a difusión e promoción do noso deporte.
Tamén tomaremos parte no Programa de actividades na edición deste ano, o venres 19 novembro:
16:00 Exhibición e participación de hóckey, no stand da FGH.
16:30 Ponencia sobre organización de eventos no deporte amateur (Roberto Baratta, da área de Promoción da FGH).
Cabe reseñar tamén a participación un ano máis, do Club Hockey Albor, continuando coa súa gran labor na promoción do seu club e do noso deporte.
PROTOCOLO FISICOVID-DXTGALEGO Novembro 2021
Vense de aprobar o PROTOCOLO BÁSICO ACTUACION FISICOVID-DXTGALEGO PARA A VOLTA Á ACTIVIDADE DEPORTIVA, con data Novembro 2021, cos cambios a nivel adestramentos e competición adaptados á nova situación sanitaria actual.
Podedes consultar e descargar os documentos:
Protocolo FISICOVID-DXTGALEGO – FGH nov 2021
Copa Deputación da Coruña 2021
Video completo da presentación «Road to Paris»
Xa podedes ver o vídeo completo da presentación do «Road to Paris», selección absoluta masculina de hóckey herba, celebrada no Auditorio Municipal de Ourense o venres 29 de outubro.
A maiores, tamén o acto de inauguración das novas instalacións de Mariñamansa (domingo 31 de octubre) e uns minutos do partido da Absoluta vs Sub21. Dádelle a PLAY. Grazas a Auria TV pola grabación.