Últimas noticias

Medalla de bronce das seleccións galegas Sub14

As seleccións galegas Sub14, masculina e feminina, conqueriron sendas victorias nos partidos polo 3er-4º posto dos Campionatos de España. Os rapaces gañaron 5 a 2 á selección de Andalucía, e as rapazas, pola súa banda, venceron a Valencia na tanda de “Shoot outs”, logo de empatar 1-1 no partido.

A porteira galega, Laura Sánchez, levou o trofeo a “Mellor porteira” do torneo. Moitos parabéns a tod@s @s xogadores/as, aos corpos técnicos da FGH e grazas á afición que estivo presente en Zaragoza.
¡¡GALICIA é HÓCKEY!!

II Torneo +Deporte La Región


O sábado 5 de marzo celebrouse no Polideportivo de Oira o «II Torneo +Deporte La Región» de hóckey sala, nas categorías Benxamín e Alevín. Esta segunda edición enmárcase dentro da colaboración da FGH e o diario La Región, facendo unha xornada de convivencia deportiva dos máis cativos, que levaron para casa unha medalla conmemorativa do torneo.

 

Galicia acude ao Campeonato de España Sub14

As seleccións galegas Sub14, masculina e feminina, audirán ao próximo Campeonato de España de seleccións Sub14 de hóckey herba, que terá lugar en Zaragoza do 10 ao 13 de marzo. O equipo masculino terá como rivales, no Grupo A, as seleccións de Andalucía e Aragón. Polo seu lado, as rapazas galegas enfrentaranse, no Grupo B, á Comunidade Valenciana e Baleares.

Podedes consultar o Calendario e horarios nesta circular da RFEH:

CIRCULAR 70- CAMPEONATO DE ESPAÑA DE SELECCIONES AUTONOMICAS SUB-14

 


 

Selección galega masculina Sub14 hóckey herba

 

LISTADO SELECCIONADOS SUB14 MASCULINA GALICIA 2022

 

Selección galega femenina Sub14 hóckey herba

 

LISTADO SELECCIONADAS SUB14 FEMENINA GALICIA 2022

Certificado FIH para o Campo de hóckey herba de Mariñamansa

Oficialmente xa temos recibido a Certificación da International Hockey Federation (FIH) para o campo de hóckey herba de Mariñamansa (Ourense). Un documento que nos habilita para recibir competicións do máximo nivel, nacionais e internacionais.
Un pasiño máis na progresión do hóckey galego.
¡¡GALICIA é HOCKEY!!
———————————————
 
Oficialmente ya hemos recibido la Certificación de la International Hockey Federation (FIH) para el campo de hockey hierba de Mariñamansa (Ourense). Un documento que nos habilita para recibir competiciones del máximo nivel, nacionales e internacionales.
Un paso más en la progresión del hockey gallego.
 
Podéis acceder al documento oficial en nuestra sección de Descargas.
 
 
 

Visita institucional á Deputación Provincial de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a Alberto Estévez e Roberto Baratta, en representación da FGH. Entregáronlle unha placa de agradecemento polo apoio da institucional provincial para a celebración en Ourense do Campionato de Europa II de Hóckey Sala Feminino, disputado a finais de xaneiro no pavillón dos Deportes Paco Paz.
📷 Servizo de prensa, Deputación Provincial.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales