Últimas noticias

Presentación Copa Galicia 2021

O luns 10 de maio tivo lugar a presentación da FINAL a 4 da Copa Galicia 2021 de hóckey herba. Os 4 primeiros clasifiados, en categoría sénior masculina e feminina, disputarán este Torneo os próximos 15 e 16 de maio no campo de Mariñamansa.

Asistiron á presentación Gabriel Alén (Delegado da Xunta en Ourense), Rosendo Fernández (Vicepresidente da Deputación Provincial), Aníbal Pereira (representante do Concello de Ourense) e Alberto Estévez, Presidente da Xestora da FGH. Agradecer o apoio das diferentes instituciones públicas representadas e tamén ao patrocinador oficial de Copa Galicia, VILA CASTRO Asesores.

RESOLUCIÓNS CURSOS Nivel 1 e Nivel 2

Tras a correspondente convocatoria e difusión dos cursos, finalizou o período de inscripción e a corrección de defectos nas documentacións. Con data 10 maio de 2021, emítense as resolucións en canto a admitidos/as e as cantidades bonificadas en cada solicitude.

Cabe destacar o esforzo en bonificacións aos colectivos especiais como menores de idade, técnicos, adestradores do CeTeGa, seleccionadores, persoal da FGH e outros; aprobadas o pasado dia 8 de maio pola Comisión Xestora por un importe de mais de 6.500€ en reducións de custos de matricula, co obxecto de fe recompensar aos colectivos máis implicados.

RESOLUCIÓN NIVEL 1

RESOLUCIÓN NIVEL 2

Fase de Sector Campionato de España Infantil hóckey Sala

A Fase de sector para o Campionato de España Infantil Hóckey Sala terá lugar no Polideportivo de Oira (Ourense), os días 8 e 9 de maio. Logo do campionato galego, chega esta fase clasificatoria onde participan 2 equipos galegos: Santo Cristo e Escola HC.

Buscarán algunha das 2 plazas que levarán aos equipos á Fase Final de Valencia. Xunto aos equipos galegos, tamén estarán competindo os clubs: RGC Covadonga (Xixón), Lloberu HC (Xixón) e DXT Madrid Sur.

Podedes consultar o calendario de partidos e seguilos online, desde a web da RFEH.

Este Torneo está sometido a limitacións de aforo e á aplicación dos protocolos anti-Covid pertinentes.

Santo Cristo, Campión galego Infantil mixto Hóckey Sala

O equipo ourensán venceu na Final do torneo ao Escola HC de A Coruña, por 4-2, conquerindo así o título galego, nun partido moi igualado. No terceiro posto do campionato, remataron as rapazas do Irmáns Villar, logo de gañar 5-2 ao CH Barrocás.

Unha competición celebrada no polideportivo de Oira, en Ourense, con éxito organizativo e seguindo coa aplicación das directrices e normativas establecidas polas autoridades competentes.

CLASIFICACIÓN FINAL: 
Campión: Santo Cristo
Subcampión: Escola HC
Tercer posto: Irmáns Villar
4º CH Barrocás
5º CH Albor
6º Atlántico Vigo

Convenio de colaboración entre INEF Coruña e a FGH

O 7 de abril de 2021, vense de firmar un convenio de colaboración entre a Universidade de A Coruña e a Federación Galega de Hóckey, enfocado á realización de prácticas académicas dos alumnos da UDC, directamente relacionadas co deporte do hóckey.

O obxectivo desta colaboración é o de seguir coa promoción e difusión do deporte do hóckey en Galicia, permitindo ó acceso d@s estudantes universitarios a esta práctica deportiva. 

 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales