Últimas noticias

Visita a Ourense da Selección española masculina de hóckey herba

Do 28 ao 31 de outubro de 2021, Ourense será o centro do hóckey nacional co Stage da Selección Española masculina de hóckey herba. Coas renovadas instalacións de Mariñamansa xa rematadas, o combinado nacional absoluto e o Sub-21 visitarán a cidade ourensán durante 4 días, onde realizarán adestramentos e 3 partidos de preparación.

Esta concentración ten moita relevancia xa que será a estrea de Max Caldas como seleccionador nacional e con él o seu renovado staff técnico. Unha etapa  que comeza de cara a un novo ciclo olímpico, coa vista posta en París 2024.

Aproveitando a visita, levaranse a cabo moitas actividades paralelas: visitas e actos institucionais, Seminario técnico con adestradores, Clinic con xogadores, photocall, etc. Técnicos, voluntarios e servizo médico da A FGH formarán parte do organigrama organizativo e as arbitraxes faranse con colexiados galegos. Os partidos a celebrar en Mariñamansaserán emitidos en streaming, pola canle de Youtube da FGH. 

Agradecer ás institucións públicas o seu apoio para poder levar a cabo este Stage tan importante, e que servirá para promocionar aínda máis o noso deporte a nivel autonómico. Tamén cabe a posibilidade de que algún xogador galego esté presente nesta concentración, o cal sería un feito moi relevante. Estaremos moi atentos á convocatoria. 

Documentación tempada 2021-2022

De cara á próxima tempada 2021- 2022, pomos a disposición a seguinte documentación da RFEH e da FGH, relativa ás competicións e inscripcións nas mesmas:

Anexamos a documentación (pinchar no enlace):

Staff e Regulamento Interno CeTeGa 21/22

Publicados xa os documentos do Staff CeTeGa e do Regulamento Interno CeTeGa para a tempada 21/22, que guiarán o traballo a sesenvolver na próxima tempada en Galicia.

Aproveitamos a ocasión para dar as GRAZAS de novo, e nunca suficiente, a todos os técnicos implicados a súa disposición e voluntariado para esta extraordinaria e valiosísima labor. A esta magnifica lista de técnicos, encabezada por José Brasa como asesor nesta tempada 21/22, uniránselle outros técnicos de apoio novos, que ocupan ou ocuparán tarefas de adestrador/a nos seus clubs nun futuro próximo.

O espírito e misión do CeTeGa é ben coñecido xa por todos, pero é conveniente aclarar algún punto relevante: a asistencia ás sesións do CeTeGa ten carácter voluntario e ten un custo mínimo, reflectido na circular da FGH oportuna, pero que debe existir para poder sufragar nunha mínima parte as actividades realizadas.

Nesta nova tempada contaremos cunha nova sede e instalacións: oficina e aula de formación, medios audiovisuais, vídeo analisis con cámara fixa e materiais de primeira calidade para adestramentos. Unha das grandes aportacións técnicas será a ferramenta de videoanálisis grazas a un acordo con NACSport, acompañada de xornadas de formacións aos técnicos que o soliciten, e que poderán incorporar estas habilidades de inmediato aos seus adestramentos e partidos.

Na actual remodelación do campo de Mariñamansa inclúese a localización dunha cámara táctica fixa na torre de grabación, dispoñible para todos, non só para o CeTeGa. Por iso animámosvos aos clubs para aproveitar o acordo con NACSport para realizar cursos de adestradores e adquirir licenzas do software con condicións especiais. Solicitade mais informacion en cetega@fghockey.gal

Todo esto encádrase na liña de traballo para conquerir o recoñecemento da Xunta de Galicia como Núcleo de Adestramento Especializado, (xa solicitado pola FGH), e que é un paso previo para poder converterse nun CAR (Centro de Alto rendemento) a todos os efectos.

PLANIFICACIÓN XERAL máis inmediata do CeTeGa:

18 e 19 Setembro: visita Asturias Sub18 Masculino e Feminino Sub18 feminina. En agosto enviaranse as convocatorias para os adestramentos CeTeGa Sub18 Masculino e Feminino, nas cidades de Ourense e A Coruña. No mes de setembro realizaranse as convocatorias finais.

CALENDARIO da RFEH:

Autonómico SUB18: 28 Outubro ao 1 Novembro 2021 (Valencia)

Autonómico SUB14: 4 ao 6 Marzo Aragón (Zaragoza)

Autonómico SUB16: 24 ao 27 Marzo Andalucía ( Benalmadena- Malaga)

Por suposto, unha vez iniciada a tempada, planificaranse as correspondentes sesións do CeTeGa de todas as categorías, tanto localmente (Ourense, Vigo e Coruña) como as posteriores concentracións autonómicas en Ourense en función dos calendarios.

José Brasa, importante incorporación para o CeTeGa da FGH

O coñecido e exitoso adestrador de hóckey, José Manuel Brasa Sanjurjo (Vigo, 1951) incorpórase na estructura do CeTeGa (Centro de Tecnificación de Galicia) coma Asesor de Programas e Planificación. Unha «fichaxe» de prestixio e moi importante para lograr melloras significativas na promoción e difusión do hóckey en Galicia.
 
O galego José Brasa xa  ten sido de todo no deporte do hóckey. Entrenador de máximo nivel nacional e internacional durante 51 anos ininterrumpidos, seleccionador nacional das 4 seleccións absolutas españolas, masculinas e femeninas, tanto en hóckey herba como en hóckey sala, gañando 12 veces o Ouro nos Campionatos de España de Hockey Sala con 4 clubs diferentes.
 
Logrou o Ouro olímpico en Barcelona 1992, coa selección feminina de hóckey herba, un hito histórico para o noso deporte. Tamén foi adestrador do equipo nacional de India e de Ucrania, contando con varias participacións en Xogos Olímpicos e en competicións de máximo nivel internacional. Actualmente, é adestrador en Bélxica no Old Club Liège Hóckey, actividade que compaxinará co seu traballo no CeTeGa da FGH.
 
Integrarase no staff técnico coa función de revisión dos contidos, plans e programación da tecnificación, nas categorías sub14, sub16 e sub18. Coordinando a planificación cos técnicos de cada categoría e cos especialistas de apoio. A súa aportación permitirá unha mellora de calidade sustantiva na formación dos técnicos, a través da Escola Galega de Adestradores.
 
Con esta incorporación o CeTeGa da un importante salto de calidade no seu camiño de convertirse nun Centro de Adestramento Especializado e de Alto Rendimento. !!Benvido á FGH!!
GALICIA É HÓCKEY

Lucía Lamela e Daniel Baratta, convocados para a Sub16 nacional


Os xogadores galegos Lucía Lamela e Daniel Baratta, foron seleccionados para as concentracións nacionais Sub16 do PNTD da Federación Española de Hóckey. Estes «stages» terán lugar na localidade valenciana de Cheste, onde durante varios días asistirán a xornadas de tecnificación e formación.

Importante estas convocatorias, para poñer en valor o traballo feito desde o CeTeGa da Federación galega de hóckey, e que xogadores galegos poidan participar nestas concentracións. Dámoslle os parabéns e esperamos que esta experiencia poida convertirse nunha futura convocatoria coa selección nacional.

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales