Últimas noticias

Campionato galego de hóckey sala Sénior masculino

 
O cetro autónomico do hóckey sala, vaise dirimir en Ourense, os día 15 e 16 xaneiro de 2022, unha vez disputadas as ligas provinciais.
Oito clubs galegos disputarán o trofeo autonómico, nunha doble xornada, que terá lugar no Polideportivo de Oira e no Pazo dos deportes Paco Paz.
Podedes consultar o Calendario dos partidos na web da FGH e durante o torneo, facer o seguimento online dos partidos no Match Center da FGH: http://competiciones.fghockey.gal/
 

CH Albor, Campioas galegas de hóckey sala

A competición tivo lugar o domingo 9 de xaneiro no polideportivo do Ventorrillo, en A Coruña, coa participación de 4 clubs galegos na categoría sénior feminina.
Na Final, nun derby ourensano, CH Albor gañou o partido por 3-1 ao equipo de CH Burgas. No encontro polo 3er-4º posto, nun derby coruñés, as xogadoras do Athletic Coruña HC derrotaron por 4-3 ás rapazas do Escola HC.
Parabéns a todas as participantes, especialmente ás campioas, e agradecer ao club Escola HC a colaboración na organización do campionato.
 
 

CSA Ourense, Campión galego XUVENIL MASCULINO de hóckey sala

Logo da competición disputada o domingo 9 de xaneiro no polideportivo do Ventorrillo, na Coruña, a clasificación final foi a seguinte:
Campión: CSA Ourense
Subcampión: Escola HC
Terceiro lugar: CH Barrocás
Parabéns a todos, especialmente aos campións, e agradecer ao club Escola HC a colaboración na organización do campionato.
 
 
 
 

Xurxo Cid e Manu Prol, coa Selección Española de Hóckey Sala

Os xogadores galegos Xurxo Cid (CH Barrocás, Ourense) e Manu Prol (Sanse Complutense, Madrid) veñen de ser convocados nunha preselección da Selección Española de Hóckey Sala, de 14 xogadores. Acudirán a unha concentración a comezos de xaneiro de 2022, e de ahí sairán os 12 xogadores definitivos que disputarán con España o «EuroHockey Men´s Indoor Championships II», que terá lugar en Paredes (Portugal) do 14 ao 16 de xaneiro de 2022.

Un importante hito para o hóckey galego, que contará con 3 representantes no combinado nacional, ao sumarlle a presencia do técnico galego Roberto Oliveira no Staff Técnico da Selección Española.

¡¡GALICIA É HÓCKEY!!

 

Noticia oficial na web da RFEH neste enlace.

 

 

Reorganización Staff técnico do CeTeGa

Tras a concesión por parte da Xunta de Galicia do recoñecemento de NADE (Núcleo de Adestramento Especializado) outorgado ao CeTeGA (Centro de Tecnificación de Galicia) da FGH, comunícase a reorganización do staff técnico para vindeiro ano 2022 segundo a planificación das actividades de tecnificación comunicada á Secretaria Xeral para o Deporte.

Poden consultar o Staff técnico no seguinte enlace:

Staff CeTeGa 2022

 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales