Tras o remate das competicións séniors masculina e feminina de ámbito galego, celébrase unha FINAL a 4 para disputar o trofeo da Copa Galicia 2021. Clasifícaronse os 4 primeiros equipos, que xogarán o sábado as semifinais: 1º contra 4 e 2º contra 3º, en ambas categorías: masculina e feminina.
Na xornada do domingo pola mañán xogaranse os partidos do 3er-4º posto e as FINAIS. Así mesmo, entregaranse recoñecementos aos máximos goleadores galegos de División de Honra B e Primeira División (Masculina e Feminina).
Consultade aquí o Calendario e horarios dos partidos.
Haberá servizo de Streaming para os partidos das Finais e a entrega dos trofeos, na nosa canle de Youtube.