CETEGA – Tecnificación en Ourense, 12-13 decembro 2020

Nova Xornada de tecnificación ao amparo do CETEGA, no campo de Mariñamansa (Ourense), os días 12 e 13 de decembro de 2020.

O sábado 12 asistiron rapaces e rapazas de toda Galicia, das categorías sub14 e sub 16 feminina, e a sub16 masculina.

O domingo 13 a tecnificación desenvolveuse con xogadoras sub14 e sub16 de Ourense.

Liga provincial Ourense Hockey Sala Masculina

Comeza a competición Hóckey Sala en Ourense, coa a participación de 6 equipos, que disputarán una liguilla a doble volta, desde o 12 de decembro de 2020 ao 10 de xaneiro de 2021.

Os sábados os partidos terán lugar no polideportivo de Oira (Ourense) e a xornada do domingo trasládase ao veciño Concello de Amoeiro, no polideportivo municipal. Un paso máis para levar o deporte do hóckey a máis concellos, e promocionar o noso deporte en Galicia. 

Tedes o calendario completo de partidos disponible na nosa web.  

 

Campeonato Galego Cadete Masculino Hockey Sala

O martes 8 de decembro, no Pavillón do Ventorrillo (A Coruña) levouse a cabo a competición do Campeonato Galego Cadete Masculino de Hóckey sala. Disputouse unha liguilla de 3 encontros, e o resultado final foi o seguinte:

Campións Galegos: Club Hockey Barrocás
Subcampións: Escola HC
Terceiro lugar: Athletic Coruña HC

Parabéns aos equipos participantes, especialmente ó CH Barrocás, polo título de Campións galegos. Agradecer ao club Escola HC e ao Concello da Coruña pola colaboración na organización do campeonato, así como á Concelleira Mónica Martínez pola súa presenza.
.
Podedes consultar os Resultados do Campeonato na sección de Competicións, na nosa web.

 

Campeonato Galego Cadete Feminino Hockey Sala

O domingo 6 de decembro, no Pavillón do Ventorrillo (A Coruña) levouse a cabo a competición do Campeonato Galego Cadete Feminino de Hóckey sala. Disputouse unha liguilla de 3 encontros, e o resultado final foi o seguinte:

Campeonas Galegas: Escola de hockey A Coruña
Subcampeonas: Athletic Coruña HC
Terceiro lugar: Atlántico Hockey Club

Parabéns aos equipos participantes, especialmente ó Escola HC, polo título de Campeonas Galegas. E pola organización do campeonato, que foi todo un éxito.

Agradecer tamén ao Concello da Coruña pola colaboración na organización do campeonato, así como á Concelleira Mónica Martínez pola súa presenza.
.
Podedes consultar os Resultados do Campeonato na sección de Competicións, na nosa web.

.

Campionatos galegos CADETE de Hóckey Sala

Na Ponte festiva (6 ao 8 de decembro) celébranse en A Coruña os Campeonatos galegos categoría CADETE, Hockey Sala. No Polideportivo do Ventorrillo. 

CADETE FEMININO: 6 de decembro de 2020
Equipos participantes: Escola HC (A Coruña), Atlántico Vigo, Atletic Coruña HC.
⌚ Consultade os Horarios de competición neste enlace

CADETE MASCULINO: 8 de decembro de 2020
Equipos participantes: Escola HC (A Coruña), CH Barrocás (Ourense), Atletic Coruña HC.
⌚ Consultade os Horarios de competición neste enlace

⛔ Debido aos protocolos sanitarios e de seguridade, estes campeonatos desenvolveranse a PORTA PECHADA.

  Podedes seguir os partidos online, a través da web da FGH, apartado de competicións

CETEGA – Tecnificación en A Coruña – 22 nov

O programa de tecnificación do CeTeGa desenvolveu unha nova xornada de tecnificación, desta vez no Campo da Torre, A Coruña. Os xogadores e xogadoras participantes forman parte das seleccións galegas sub-14  masculina e feminina.
 
Unha concentración dentro do programa de preparación de cara ós Campeonatos de España de seleccións autonómicas Sub-14 da tempada 2020/2021, que terán lugar en Ourense no mes de febreiro de 2021.
 
Durante o transcurso da xornada, recibiron a visita de Mónica Martinez, concelleira de Deportes do Concello de A Coruña, que se interesou polos xóvenes xogadores/xogadoras galegos e a súa preparación de cara as próximas competicións. 

RECOLLIDA DE ALIMENTOS nos campos de hóckey de Galicia

🏑HOCKEY GALEGO é SOLIDARIO🏑

RECOLLIDA DE ALIMENTOS non perecedeiros nos campos de hóckey de Galicia. Unha campaña da FGH, en colaboración cos Bancos de Alimentos de Vigo, Ourense e A Coruña.

¿CÁNDO PODEDES FACELO? Do 21 de novembro ao 20 de decembro de 2020.

¿ONDE SE DONAN OS ALIMENTOS? Nos campos onde se celebren competicións de hóckey herba e sala. En Ourense, Vigo e A Coruña.

¿CÓMO O FACEMOS? Encontraredes un punto de entrega, ben señalizado, onde poder deixar os alimentos.

😀 Xa sabedes, facede un pequeno esforzo e poñede o voso gran de area nesta gran iniciativa solidaria.

#somoshockeygalegosolidario

CETEGA: Convenio entre a FGH e a Clínica Casiano (Ourense)

🏑GALICIA É HOCKEY🏑

A Federación Galega de Hóckey ven de asinar un convenio coa Clínica Casiano de Ourense, para a revisión, recoñecemento, prevención e seguimento de lesións dos xogadores/ as rexistrados nos programas do Centro de Tecnificación de Galicia (CeTeGa).

Proporcionando así capacidades médicas avanzadas aos programas de tecnificación de hóckey de Galicia. Clínica Casiano, líder en prestación de servizos avanzados de prevención e seguimento de lesións, coidará da saúde dos xogadores e xogadoras, en apoio dos Servizos Médicos da FGH.

Na foto do acto, José Manuel Vázquez «Casiano» e Roberto Baratta, en representación da FGH.

CeTeGa – TECNIFICACIÓN SUB14 EN OURENSE – 15 nov

 
O domingo 15 de novembro tivo lugar unha xornada de tecnificación e formación no campo de Mariñamansa (Ourense), con xogadores Sub 14 tanto masculinos como femininos. Seleccionados chegados das cidades de Ourense, Vigo e A Coruña. 
 
As actividades formativas do CeTeGa terán continuidade nas cidades de Ourense, Vigo e A Coruña. Co obxectivo de promocionar o deporte do hóckey en Galicia, e formar os/as xogadores máis xóvenes.

CeTeGa – TECNIFICACIÓN SUB14 EN A CORUÑA – 13 nov

 
O programa de tecnificación do CeTeGa arrincou o pasado venres (13 de novembro) no Campo da Torre, A Coruña.  Desenvolvendo a xornada sub14 masculina cos xogadores locais preseleccionados.
 
As actividades formativas do CeTeGa terán continuidade nas cidades de Ourense, Vigo e A Coruña. Co obxectivo de promocionar o deporte do hóckey en Galicia, e formar os/as xogadores máis xóvenes.
 
Comisión Xestora FGH.