Últimas noticias

Campionato galego Alevin hóckey sala

O domingo 3 de abril, no Pavillón Municipal de Amoeiro (Ourense), terá lugar o Campionato galego alevin mixto de hóckey sala en xornada de mañán e tarde. Sete equipos galegos disputarán a competición, divididos en 2 grupos, de onde sairán os cruces definitivos.
 
Podedes consultar o calendario e horarios dos partidos na web da FGH. 
 
Seguimento dos partidos online desde o Match Center.
 

Campionatos de España Sub16 hóckey herba

Logo da disputa da competición, do 24 ao 27 de marzo, as seleccións galegas obtiveron diferentes resultados.

SELECCIÓN FEMININA SUB16

Gran torneo das nosas «guerreiras», que nos partidos do seu grupo acadaron 2 victorias, 1 empate e 1 derrota, rematando en segunda posición e logrando o pase a semifinais. Soamente cedendo ante a potente Cataluña, gañadora final do torneo.

En semifinais esperaba outro dos favoritos, a selección madrileña, que derrotou por 2 a 0 ás galegas. No encontro pola medalla de bronce, non poido ser a pesar de facer un gran partido. Cantabria levouse o triunfo final por 2 a 1, logo dun partido moi igoalado. Mención especial á porteira galega Carlota Álvarez, de CH Albor (Ourense), que recibiu o trofeo á «Mellor porteira» do Campionato.

 

SELECCIÓN MASCULINA SUB16

A nosa selección caeu no Grupo A, con seleccións a priori moi potentes como son Cataluña, Madrid e Andalucía. Os pronósticos cumpríronse no campo e os rapaces galegos non poideron puntuar nos seus partidos.

No encontro polo 9º-10º posto, conseguiron a victoria ante Aragón por 4 a 0, e polo menos marcharon con boas sensacións logo dun campionato desfavorable nos partidos do grupo.

 

Galicia estará presente no Campionato de España Sub16

Campionato de España de Seleccións autonómicas Sub 16 de hóckey herba.

A competición terá lugar na cidade de Málaga (Ciudad Deportiva Carranque) e na localidade malagueña de Benalmádena (campo municipal “El Retamar”), do 24 ao 27 de marzo, e Galicia participa cos seus equipos masculino e feminino. Esta edición dos campionatos será das máis numerosas, cun total de 19 equipos participantes e 10 comunidades autónomas. 

Logo de varias xornadas de preparación no CeTeGa, as fins de semana anteriores ao campionato, Galicia ten as súas lista de convocados/as para o torneo:

SUB-16 FEMENINA

SUB-18 MASCULINA

 

CH Barrocás, Campión galego benxamin mixto de hóckey sala

O equipo ourensán de CH Barrocás proclamouse CAMPIÓN galego, logo de derrotar ao CH Albor na final do campionato.
Nun partido moi disputado, chegouse ao remate cun empate 6-6. Na tanda de penaltys venceron os cativ@s do Barrocás por 8 a 6.
 
Clasificación do torneo:
🥇 CH Barrocás
🥈 CH Albor
🥉 Montealegre HC
4º: Escola HC
5º: Atlántico HC
6º: Tamourense
 
Resultados dos partidos no Match Center da Federación galega de hóckey.
 

Campionato galego Benxamin mixto de hóckey Sala

O domingo 20 de marzo, no Pavillón Monte da Mina, en Castrelos (Vigo), terá lugar o Campionato galego benxamin mixto en xornada de mañán e tarde. Seis equipos galegos disputarán a competición, divididos en 2 grupos, de onde sairán os cruces definitivos.
 
Podedes consultar o calendario e horarios dos partidos na web da FGH. 
 
Seguimento dos partidos online desde o Match Center.
 

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales