Últimas noticias

Villar Ourense, campión galego Infantil Feminino de hóckey sala

O equipo ourensán do Villar Ourense, proclamouse Campión galego infantil feminino de hóckey sala, nun campionato galego disputado o sábado 6 de maio no polideportivo de Oira, en Ourense.

En doble partido, derrotaron ao At. Coruña HC -subcampión galego- cos resultados de 4-3 e 2-8. O Campión galego accede directamente á Fase Final do Campionato de España, que se disputará en Ourense do 18 ao 21 de maio.

CH Albor, logra os Campionatos galegos preBenxamin e Benxamin

CH Albor, logra os Campionatos galegos nas categorías preBenxamin mixto e Benxamin mixto, de hóceky herba. Tras os torneos autonómicos disputados na mañán do sábado 6 de maio, no campo de Mariñamansa – Ourense, o equipo ourensán fixo doblete en ambas categorías.
 
 
Clasificacións finais:
 
PreBENXAMIN:
Campión: CH Albor
Subcampión: CH Barrocás
 
BENXAMIN:
Campión: CH Albor
Subcampión: Ourense HC
3º CH Barrocás
4º At. Coruña HC
5º Escola Hockey A Coruña

Campionatos galegos preBenxamin e Benxamin de hóckey herba

O sábado 6 de maio terá lugar no campo de Mariñamansa, Ourense, os Campionatos galegos de hóckey herba, nas categorías preBenxamin mixto: coa participación dos clubs CH Albor e CH Barrocás; e Benxamin mixto: onde estarán os clubs AD Ourense, CH Albor, CH Barrocás, At. Coruña e Escola Hockey A coruña.

CALENDARIO de partidos:

PreBenxamín mixto:
11:00 CH Albor – CH Barrocás
14:00 CH Barrocás – CH Albor

Benxamín mixto:
10:00 – Grupo A | CH Albor – At. Coruña
10:00 – Grupo B | AD Ourense – CH Barrocás
11:00 – Grupo B | Escola Hockey A Coruña – CH Barrocás
12:00 – Grupo A | At. Coruña – CH Albor
12:00 – Grupo B | AD Ourense – Escola Hockey A Coruña

14:00 3er-4o puesto: 2º grupo A – 2º grupo B
12:00 FINAL: 1º grupo A – 1º grupo B

 
Podedes seguir os partidos online no Match Center da FGH:
http://competiciones.fghockey.gal/

CH Barrocás (mixto) e CH Albor (feminino), Campións galegos Alevín de hóckey herba

Xornada de hóckey o sábado 29 de abril, no campo de Mariñamansa (Ourense), onde disputáronse os torneos autonómicos da categoría alevin: mixto e feminino.


ALEVIN MIXTO:
No partido da Final, CH Barrocás venceu ao Santo Cristo, nun derby ourensano. CH Albor acadou a terceira posición tras gañas aos vigueses do Atlántico HC.
ALEVIN FEMININO:
CH Albor venceu nos dous partidos disputados frente ao equipo do Escola Hockey A Coruña.

Parabéns a tod@s @s nen@s participantes nestes campionatos, que se converten nunha auténtica xornada de convivencia deportiva.
¡Galicia é hóckey!

Campionato galego Alevín hóckey herba

O sábado 29 abril terá lugar no campo de Mariñamansa, Ourense, o Campionato galego alevín de hóckey herba, nas modalidades de feminino: coa participación dos clubs Escola Hockey A Coruña e CH Albor; e de alevín mixto, onde estarán os clubs Santo Cristo, CH Albor, CH Barrocás e Atlántico de Vigo.

CALENDARIO de partidos:

FEMININO
11:00 CH Albor – Escola A Coruña
13:00 Escola A Coruña – CH Albor

MASCULINO
10:00 CH Barrocás – Atlántico Vigo
10:00 Santo Cristo – CH Albor
12:00 3er-4o puesto
12:00 FINAL

Podedes seguir os partidos online no Match Center da FGH:
http://competiciones.fghockey.gal/

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales