Últimas noticias

Campionato galego Infantil hóckey sala

O sábado 22 de abril ten lugar en Ourense o Campionato galego infantil mixto de hóckey sala, no polideportivo de Oira, en xornada de mañán e tarde. O torneo contará coa participación de 4 clubs: At. Coruña HC, Escola Hockey A Coruña, CH Albor e Santo Cristo.

Calendario de partidos:
11:45 Santo Cristo – 2º Coruña
13:00 1º Coruña – CH Albor
18:15 Partido 3er-4º posto
19:15 FINAL

O Campión galego obterá a clasificación directa para a Fase Final do Campionato de España, que se celebrará en Ourense a mediados do mes de maio. O segundo e tercer clasificado, disputarán a Fase de Sector, que igualmente terá lugar na cidade de Ourense.

 

Xornada +Deporte La Región de hóckey herba

O sábado 15 de abril, en colaboración con +Deporte La Región celebrouse no Campo de Mariñamansa unha intensa xornada de hóckey herba, nas categorías inferiores: preBenxamin, Benxamin e Alevin.
O calendario de partidos coincide coas xornadas de Liga das respectivas categorías.
 

Campionatos de España Sub16 de hóckey herba

As seleccións galegas Sub 16 de hóckey herba, remataron a súa participación no Campionato de España de seleccións autonómicas, que tivo lugar en Terrasa, do 30 de marzo ao 2 de abril de 2023.

O equipo feminino finalizou o campionato en 6ª posición (de un total de 10 equipos). Nos partidos de clasificación do 5º-8º as galegas gañaron primeiro á selección da Comunidade valenciana, pero logo foron derrotadas polo combinado de Andalucía. Bo torneo das rapazas galegas, nun campionato con seleccións de moito nivel.

**Resultados e clasificación: www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-f/

 

Pola súa banda, o seleccionado masculino rematou nunha 8ª posición final, a pesar de facer bos partidos na clasificación do 5º-8º posto. Conqueriron sendos empates 2-2 contra Cantabria primeiro e logo con Euskadi, pero saíron derrotados nos dous partidos na fatídica ronda de «shoot outs».

**Resultados e clasificación: www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-m/

 

No apartado individual, a porteira galega Carlota Álvarez, do Club Hockey Albor de Ourense, foi proclamada mellor porteira do Campionato de España de seleccións autonómicas Sub16, de hóckey herba.

Seleccións galegas Sub16 de hóckey herba

Do 30 de marzo ao 2 de abril terán lugar en Terrassa (Barcelona) os Campionatos de España de seleccións autonómicas Sub16 de hóckey herba, nas categorías feminina e masculina. Logo da derradeira concentración antes do torneo, as seleccións galegas xa están preparadas para acudir á cita e facer un bo papel deportivamente.

Selección feminina Sub16

CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB16 FEMENINA – PDF

O combinado galego está encadrado no Grupo A xunto ás seleccións de Cataluña, Euskadi, Asturias e Canarias. Confiamos moito nas nosas «guerreiras» e esperamos disputen un gran campionato. 

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-f/

 

Selección masculina Sub16

CONVOCATORIA SELECCIÓN SUB16 MASCULINA – PDF

O combinado galego está encadrado no Grupo A xunto ás seleccións de Catalña, Madrid, Asturias e Canarias. Esperamos que disputen un estupendo campionato e obteñan unha boa posición final, na clasificación final.  

Podedes ver o calendario e seguir os resultados, na web da RFEH:11

www.rfeh.es/competiciones/selecciones-autonomicas-sub-16-m/

Campionatos de España Sub14 de hóckey herba

As seleccións galegas Sub14 de hóckey herba, finalizaron o seu paso polos Campionatos de España de seleccións autonómicas, disputado en Alcalá la Real, Jaén.


O equipo feminino finalizou na sexta posición, tralo empate 1-1 con Baleares e logo derrota na rolda de «shoot out».
Pola súa banda, o combinado masculino obtivo a cuarta posición final, logo da derrota 2-4 contra Asturias, no partido pola medalla de bronce.

Parabéns a todos/as os/as xogadores/as por disfrutar duns días cheos de hóckey e competición, e continuar formándose no seu deporte favorito.
¡¡GALICIA é HÓCKEY!!

Síguenos en Redes Sociales

Histórico

Colaboradores Institucionales